Kalki

deus hindú, encarnación de Vishnu

Kalki é no hinduísmo o avatar final de Vishnu que segundo o textos sagrados chegará no remate da era de Kali Yuga, a actual, montando un cabalo branco e brandindo unha espada para matar a toda a humanidade, que estará totalmente degradada, para iniciar unha nova satya yuga, a era da verdade, cos sabios que se conservaron puros no Himalaia. O seu nome emprégase como unha metáfora da eternidade ou tempo, a súa orixe é a palabra sánscrita kalka que significa impureza ou inmundicia, aínda que o nome tradúcese máis ben como 'destrutor da impureza' 'destrutor da escuridade" ou 'destrutor da ignorancia'.[1] Na iconografía represéntase como vishnu cun cabalo ou ás veces como un deus con cabeza de cabalo.

Kalki representado como un deus con cabeza de cabalo
Kalki cun cabalo branco

Notas editar

  1. Ismaili.net (ed.). "The Kalki Purana". Consultado o 20 de xaneiro de 2013.