O deserto do Kalahari é unha grande área semiárida e areosa no sur de África, duns 500.000 km². Ocupa o 70 % de Botswana, e partes de Zimbabue, Namibia e Suráfrica. Outras fontes estenderían a área do Kalahari ata os 2,5 millóns de km², incluíndo Gabón, a República do Congo, a República Democrática do Congo, Angola e Zambia.

Deserto do Kalahari (destacado en marrón).
Unha suricata no deserto do Kalahari.

Historia e características editar

O nome provén da palabra tswana Kgalagadi, que significa gran sede. O Kalahari está formado por vastas áreas cubertas por areas de tons avermellados e marróns, e sen ningún tipo de auga na súa superficie. Con todo, o Kalahari non é un auténtico deserto. Partes do Kalahari reciben máis de 250 m³ de choiva ao longo do ano e teñen bastante vexetación. Só é árido de verdade no suroeste (menos de 175 m³ de choiva anual), o que o converte nun deserto fósil. As temperaturas estivais no Kalahari están entre 20 e 40 °C. No inverno, o Kalahari ten un clima frío e seco, con xeadas pola noite. A temperatura mínima media no inverno está por baixo dos 0 °C.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar