Kalachinsk é unha cidade de Rusia, centro administrativo do concello de Kalachinsk, no oblast de Omsk, serve de estación ferroviaria do Transiberiano. A poboación é de 23.900 persoas (2005), e está situada na marxe esquerda do río Om (afluente do Irtish), a 80 km de Omsk.

Modelo:Xeografía políticaKalachinsk
Imaxe

Localización
Mapa
 55°03′00″N 74°35′00″L / 55.05, 74.5833Coordenadas: 55°03′00″N 74°35′00″L / 55.05, 74.5833
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Omsk
Distrito municipalKalachinsky District (en) Traducir
Urban settlement in Russia (en) TraducirQ21195478 Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación22.737 (2018) Editar o valor em Wikidata (947,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude100 m Editar o valor em Wikidata
Creación1794 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal646900 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico38155 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO52618101001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO52410000000 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O alférez ruso Ukusnikov realizou a primeira exploración polo territorio ao longo do río Om en 1755. En 1767 o xeneral Malmi, do corpo de enxeñeiros siberianos deulle o nome de Kalachinsk . O primeiro documento que menciona o establecemento dun asentamento permanente en Kalachinsk data do 26 de xaneiro de 1795, entón habitaban alí 14 familias que sumaban 130 persoas, descoñecéndose a data exacta da fundación da aldea, mais tivo que ser entre 1783 e 1794, aínda que a data oficial da súa fundación é a primavera-verán de 1794.

Para 1816 dobrárase o número de familias, chegando a poboación ata os 203 habitantes. A apertura do Transiberiano en 1896 supuxo un forte impulso para Kalachinsk, por este tempo a poboación era de 400 habitantes, e en 1904 chegou aos 691 habitantes. A fins do século XIX formaba parte da parroquia de Kulikovski, na provincia de Tobol.

Logo da revolución rusa elixiuse a comezos de 1918 a primeira asemblea local dirixida por J. M. Kalnina e por mor dos intentos de nacionalización da propiedade producíronse revoltas entre a poboación e en xuño de 1918 os rusos brancos invadiron militarmente a cidade, permaneceu no seu poder ata o 21 de novembro de 1919 cando os expulsou a 27ª División do 5º Exército de Mikhail Tukhachevski, inmediatemante formouse un comité revolucionario. O 5 de decembro de 1919 o Comité Revolucionario de Siberia recoñeceu a Kalachinsk como concello independente, formado por 16 volost. En 1920 o concello substituíu o comité revolucionario. A cidade contaba con 3967 habitantes en 1922.