KM31: Kilómetro 31

KM31: Kilómetro 31 é un filme mexicano de terror, dirixido en 2006 por Rigoberto Castañeda, a súa estrea tivo lugar o 19 de outubro de 2006 [1] no Festival de Cine de Morelia e a comercial o 2 de febreiro de 2007[2] en México.

Sinopse editar

Despois da traxedia da morte da súa nai, as irmás xemelgas Ágata e Catalina desenvolven unha forma de comunicarse sen falar, unha especie de telepatía entre elas. Despois dun accidente misterioso no quilómetro 31, Ágata entra en coma. Por mor da súa conexión, Catalina sente a dor da traxedia. A esta situación engádense unha serie de acontecementos sobrenaturais, a conexión é máis forte ca nunca e Catalina dáse conta de que ágata berra e sofre desde o seu estado, polo que debe atopar formas de axudala a espertar. Nuño, un amigo de Ágata, e Omar, o mozo de Catalina, coinciden en axudala. Axiña entenden que Ágata está prendida entre a realidade e unha antiga lenda, La llorona.

Notas editar

  1. Imdb
  2. "LaButaca.net". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2011.