K'uk' Bahlam I

Gobernante de Palenque

K'uk' Bahlam I ou K'uk Balam I, nado o 30[1] ou 31 de marzo[2] de 397 e finado en 435, foi un ahau maia que é considerado o fundador da dinastía que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como o Señor Toktan ou Señor Toktahn, posiblemente en alusión ó seu lugar de nacemento.

K'uk' Bahlam I
Gobernante de Palenque

Reinado10 de marzo de 431435
Nacemento30 de marzo de 397
Falecemento435
PredecesorNovo título
Sucesor"Casper"

Traxectoria editar

O seu nome en lingua maia clásica significa Quetzal Xaguar. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 8.18.0.13.6 5 kimi 14 kayab. Foi contemporáneo ó ahau Siyaj Chan K'awiil II de Tikal, época durante a cal se rexistrou unha forte influencia da cultura de Teotihuacán. Ascendeu ó poder o 8.19.15.3.4 1 kan 2 kayab, é dicir, o 10 de marzo de 431, o seu reinado durou soamente catro anos.

Peter Mathews e Linda Schele foron os primeiros arqueólogos en estudar a dinastía dos gobernantes de Palenque, para iso utilizaron inicialmente a lingua ch’ol polo seu gran parecido co maia clásico, é por esta razón ás veces utilizouse o nome Bahlum-Kuk para se referir a este gobernante.[3][4] De acordo cos glifos asociados da escrita maia co seu nome, é posible que a súa cidade estado fose chamada Baakl ou Baakal, cuxo signficado é Óso ou Lugar do Óso.[5]

Especulouse que a tumba real atopada no Templo XX podería corresponder á de K'uk' Balam I debido á temporalidade (450-550 d. C.) que se calculou polos obxectos achados e pola construción do propio templo, porén é necesario levar a cabo investigacións moito máis profundas e rigorosas para confirmar a identidade destes restos mortuorios.[6]

Notas editar

  1. Florescano, 2009; 235
  2. Skidmore, 2008; 6
  3. Florescano, 2009; 234
  4. Skidmore, 2008; 7
  5. Skidmore, 2008; 8
  6. "Equipo del INAH ingresa a tumba real en Palenque". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar