Jutta Kleinschmidt

Jutta Kleinschmidt, nada en Colonia o 29 de agosto de 1962, é unha xornalista e piloto de rallys alemá, coñecida por ser a primeira e única muller que conseguiu gañar o Rally Dakar, ao logralo en 2001.

Infotaula de personaJutta Kleinschmidt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Colonia, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrally raid automobile driver (en) Traducir , piloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporterally raid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjutta-kleinschmidt.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0459145 Editar o valor em Wikidata
Kleinschmidt no seu VW Touareg no Dakar 2005.

Traxectoria editar

Estudou física e enxeñería ata 1986, realizando a tese en BMW. Desde 1987 ata 1992, traballou para esta mesma empresa, no departamento de deseño de vehículos. Desde 1993, compaxina os traballos de piloto e instrutora.

Carreira deportiva editar

 
Kleinschmidt no seu BMW X3 CC no Dakar 2007.

1987

  • Compite no Rally dos Faraóns, na que é a súa primeira participación nunha proba de rally, pilotando unha motocicleta.

1988

  • Primeira participación no Rally Dakar, na categoría de motos.

1992

  • Motos
  • 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo.
  • 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns
  • 1ª nas 24 horas de Clermont-Ferrand.
  • Coches

1993

  • Motos
  • 4ª na clasificación xeral do Rally dos Faraóns.
  • Coches

1994

  • Motos
  • 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo, en motos.
  • 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns, en motos, e 5ª na clasificación xeral.
  • Coches

1995

  • Coches
  • 2ª na Copa do Mundo de Campo a través en categoría de dúas rodas e 7ª na categoría global.

1996

  • Motos
  • Coches
  • 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.

1997

  • Motos
  • 5ª na clasificación do Rally Dakar e dúas vitorias de etapa, converténdose na primeira muller en conseguilo.
  • Coches
  • 1ª nas 24 horas de Nurburgring.

1998

  • Vitoria de etapa no Rally Dakar.

1999

  • 3ª no Rally Dakar e dúas vitorias de etapa. Convértese na primeira muller en liderar a proba e terminar no podio.
  • 4ª na FIA Cross-Country Rally World Cup.
  • 4ª no Rally de Tunisia.
  • 4ª na Baixa de Italia.
  • 3ª na UAE Desert Challenge.

2000

  • 5ª no Rally París-Dakar
  • 2ª no Rally de Tunisia
  • 2ª na Baixa de España
  • 2ª no Rally Master
  • 2ª no Rally polas Pampas
  • 4ª no Rally de Marrocos
  • 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup

2001

  • 1ª no Rally París-Dakar.
  • 1ª na Baixa de Italia
  • 2ª no Rally de Marrocos
  • 2ª na Baixa de Portugal
  • 2ª no Rally Master
  • 2ª no Rally polas Pampas
  • 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup

2002

  • 2ª no Rally Dakar.

2003

  • 8ª no Rally Dakar.
  • 3ª na Baixa de Alemaña.

2005

  • 3ª no Rally Dakar
  • 3ª no Rally polas Pampas
  • 3ª no Rally de Marrocos
  • 2ª na Baixa de Portalegre.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar