Justise Winslow

baloncestista estadounidense

Justise Jon Winslow, nado o 26 de marzo de 1996 en Houston, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Raptors 905 da NBA G League.

Justise Winslow
Raptors 905 – No. 11
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 26 de marzo de 1996 (28 anos)
Texas Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto St. John's (Houston, Texas)
Universidade Duke (2014–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Miami Heat
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Miami Heat (2015–2020)
Memphis Grizzlies (2020–2021)
Los Angeles Clippers (2021–2022)
Portland Trail Blazers (2022–2023)
Raptors 905 (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 25 de xuño de 2015, Winslow foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Miami Heat.[1] O 3 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Heat.[2] O 28 de outubro de 2015 fixo o seu debut cos Heat, facendo 5 puntos e 7 rebotes na vitoria por 104-94 contra os Charlotte Hornets.[3]

O 6 de febreiro de 2020, Winslow foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.[4]

O 8 de agosto de 2021, Winslow asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Clippers.[5]

O 4 de febreiro de 2022, Winslow foi traspasado xunto a Eric Bledsoe e Keon Johnson ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.[6]

Notas editar

  1. "HEAT Select Justise Winslow". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "HEAT Signs Justise Winslow". NBA.com. 3 de xullo de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2015. 
  3. "Bosh returns, Heat top Hornets 104-94 in season opener". NBA.com. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  4. "Memphis Grizzlies acquire Justise Winslow, Gorgui Dieng and Dion Waiters in three-team trade with Miami Heat and Minnesota Timberwolves". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  5. "LA Clippers Sign Justise Winslow". NBA.com. 8 de agosto de 2021. 
  6. "Trail Blazers Acquire Eric Bledsoe, Keon Johnson and Justise Winslow". NBA.com. 4 de febreiro de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar