Julio Salinas

futbolista español

Julio Salinas Fernández, nado en Bilbao o 11 de setembro de 1962, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. É irmán do tamén exfutbolista Patxi Salinas.

Julio Salinas
Salinas adestrando con España.
Información persoal
Nome Julio Salinas Fernández
Nacemento 11 de setembro de 1962 (61 anos)
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 188 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1980–1981 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1984 Bilbao Athletic 93 (60)
1982–1986 Athletic Club 68 (13)
1986–1988 Atlético de Madrid 75 (31)
1988–1994 Barcelona 146 (60)
1994–1995 Deportivo da Coruña 24 (12)
1995–1997 Sporting de Gijón 54 (24)
1997–1998 Yokohama Marinos 47 (34)
1998–2000 Alavés 50 (12)
Selección nacional
1983–1984 España sub-21 7 (3)
1986–1996 España 56 (22)
Na rede
IMDB: nm1325091 FIFA: 44594 UEFA: 134 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado na canteira do Athletic Club, destacou pola súa gran capacidade goleadora. Debutou en Primeira División o 3 de outubro de 1982 nun encontro que enfrontaba ao Real Zaragoza co Athletic Club (2–1).

Xogou durante 17 tempadas na Primeira División de España, defendendo a camiseta de seis equipos distintos, aínda que foi co Athletic Club e especialmente no FC Barcelona onde conseguiu os maiores éxitos deportivos e recoñecemento profesional. Dianteiro centro goleador, anotou un total de 152 goles na Liga. O seu mellor rexistro foron os 20 goles anotados na súa primeira tempada no FC Barcelona, a 1988-89. A pesar da súa boa media goleadora e a cantidade de goles decisivos que anotou, nunca puido obter o Trofeo Pichichi.

Entre os goles marcados cabe destacar o anotado na final da Recopa de Europa que o FC Barcelona gañou en Berna (Suíza) en 1989, ao derrotar por 2–0 ao conxunto italiano do Sampdoria de Xénova. Salinas marcou o primeiro gol, no minuto 3 de partido. Foi tamén titular na final da Copa de Europa de 1992, que o FC Barcelona gañou no estadio londiniense de Wembley, por 1–0, tamén ao Sampdoria de Xénova, con gol de Ronald Koeman.

Despois de xogar no FC Barcelona foi contratado polo Deportivo da Coruña en 1994, equipo co que conseguiu un subcampionato de Liga e a Copa do Rei 1994–95. Ao ano seguinte é contratado polo Sporting de Gijón, onde xoga dúas tempadas nas que disputa 54 partidos de Liga e marca 24 goles. En 1997 marcha xogar ao Xapón no Yokohama Marinos.

En 1998 regresa a España para xogar no Deportivo Alavés as súas dúas últimas tempadas antes de retirarse. Na súa derradeira tempada en activo, a 1999–00, xogou 28 encontros de Liga e marcou 8 goles.

 
Salinas, adestrando coa selección española.

Selección nacional editar

Julio Salinas foi internacional coa selección española en 56 ocasións e marcou un total de 23 goles coa, conseguindo un hat trick fronte a Albania. O seu debut como xogador da selección española foi o 22 de xaneiro de 1986, nun encontro entre España contra a URSS (1–1).

Participou con España no Mundial de 1986 en México, conseguindo marcar un gol ante Irlanda do Norte. En 1990 participou no Mundial de Italia xogando tres partidos; contra Corea do Sur, Bélxica e Iugoslavia, marcando un gol neste último partido. No Mundial dos Estados Unidos en 1994 xogou catro partidos; contra Corea do Sur (onde marcou un gol), Alemaña, Bolivia e Italia.

Salinas foi indiscutible nas convocatorias de Javier Clemente na súa estancia como seleccionador español, incluso cando era suplente no Deportivo da Coruña e no FC Barcelona.

Palmarés editar

Julio Salinas gañou 16 títulos:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar