Julio Le Riverend

historiador cubano

Julio Le Riverend Brusone, nado na Coruña o 22 de decembro de 1912 e finado na Habana o 12 de maio de 1998, foi un político e historiador cubano especializado na historia económica de Cuba.

Infotaula de personaJulio Le Riverend
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1998 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , historiador , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central de Las Villas
UNESCO
Biblioteca Nacional de Cuba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Súa nai era a francesa María Magdalena Clara Brusone e seu pai, Luis Le Riverend Marrero, era o cónsul de Cuba na Coruña,[1] cidade na que naceu Julio e na que viviu 3 anos antes de que a súa familia marchara a Cuba.[2] Alí estudou ata obter un doutoramento en Dereito e en Ciencias Políticas, Económicas e Sociais na Universidade da Habana. Non obstante, a ditadura de Gerardo Machado obrigouno a exiliarse a Francia en 1932 e 1933, onde foi secretario xeral da Unión Latinoamericana de Estudantes. Despois, dende 1943 ata 1947, exerceu en México onde obtivo a licenciatura de catedrático de Historia no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia e do Colexio de México, antes de volver a ensinar no seu país. Entre 1973 e 1976, entrou brevemente na política pasando a ser viceministro de Educación e embaixador de Cuba na UNESCO. Despois converteuse en director da Biblioteca Nacional da Habana.[3][4]

Recibiu a orde da República española en 1960, entregada polo goberno da Segunda República no exilio.

Obra editar

Lista non exhaustiva de obras escritas por Julio le Riverend:[5]

  • Sintesis histórica de la Cubanidad en el siglo 18, Molina y Compañía, 1940
  • Los orígenes de la economía cubana: 1510-1600, Colexio de México, 1945
  • Crónicas de la conquista del Perú, Ed. Nueva España, 1946
  • La Habana: biografía de una provincia, El Siglo XX, 1960
  • Historia económica de Cuba, La Habana, ed. Nacional de Cuba, 1965)
  • Breve historia de Cuba (1981)

Notas editar

  1. "Lecciones de Le Riverend" (PDF). Granma. 22 de decembro de 2012. p. 3. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  2. "Julio Le Riverend". El País (en castelán). 6 de xaneiro de 1988. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  3. Ponce>, Abel. "Noticias - BNCJM - julio-le-riverend-brussone-en-el-109-aniversario-de-su-natalicio-". Biblioteca Nacional de Cuba José Martí (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  4. Ana Garcia Arce, Julio Le Riverend, El Pais, 6 janvier 1988
  5. LeRiverend Brusone, Julio J. sur WorldCat

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar