Julio Iglesias Redondo

xurista, profesor e político galego

Julio Ignacio Iglesias Redondo, nado en Santiago de Compostela en 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE e Profesor Titular de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Infotaula de personaJulio Ignacio Iglesias Redondo
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ares
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseJosé Manuel Lete del Río Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ares Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: julioignacio.iglesiasredondo LinkedIn: julio-ignacio-iglesias-redondo-13212ab5 Dialnet: 96583 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Titular de Dereito Civil na mesma universidade, é autor de libros e artigos en revistas xurídicas especializadas tanto nacionais coma internacionais. Tamén realizou varios programas de posgrao dentro da IESE Business School de Navarra (''Liderado para a Xestión Pública'') e da Deusto Business School (''Liderado en emprendemento e innovación''), xunto co curso en Liderado Público do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e da Escuela de Guerra del Ejército de Tierra.

Coma docente, amais das súas clases na USC, exerceu de profesor tutor en Dereito Civil na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), no centro asociado da Coruña-Ferrol, dende 1997.

Ao longo da súa vida académica, especializouse nas áreas de Xustiza, Emigración e Inmigración, Voluntariado, Educación, Cooperación Internacional, Formación, Medio Ambiente, Agricultura, Consumo, Emprego, Familia, Protección das Persoas Maiores e Protección e Reforma de Menores, entre outras cuestións.

Ten participado en múltiples congresos e ten escrito varios artigos e obras sobre eses mesmos campos académicos. Tamén foi codirector de varios cursos e másters especializados da USC en materia de voluntariado, cooperación internacional e tutela de colectivos en risco de exclusión social.

Carreira política editar

No eido da política, comezou como concelleiro do PSdeG no concello de Ares nas eleccións municipais de 2003.

Durante 2006 e ata 2007, foi nomeado director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia no goberno presidido por Emilio Pérez Touriño e posteriormente desenvolveu o cargo de vicepresidente executivo da Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) dende o 2008 ata o 2011 e dende 2015 ata a actualidade.

En xuño de 2007 co apoio do BNG foi elixido alcalde de Ares, gobernando en minoría apoiado polos cinco edís do PSOE, grupo ao que pertence o rexedor. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía e volveu ser o cabeza da lista máis votada. Nese mesmo mandato, exerceu coma deputado provincial ata o 2015 na Deputación da Coruña.

Nas municipais de 2015 repetiu coma alcalde da primeira forza política de Ares, establecendo posteriormente un pacto con Son de Ares e Nueva Alianza (NAL) para consolidar o goberno municipal.

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía obtendo xa a maioría absoluta con sete edís.[1][2]

Predecesor:
José Manuel Cendán Fernández
  
Alcalde de Ares
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Xunto ao seu cargo coma alcalde, tamén exerceu coma Delegado en Galicia da Fundación Internacional Olof Palme (FIOP Galicia) dende 2004 ata 2007.

Entre 2008 e 2009, foi membro da Comisión para o estudo e presentación do Libro Branco da Xustiza en Galicia, da que derivou o documento homónimo de referencia en políticas públicas relacionadas co eido da xustiza.

En 2010, actuou coma membro da Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do dereito civil galego.

En 2014, foi nomeado académico da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

A partir de 2016, sumouse á Comisión para o estudo e presentación do Libro Branco da Administración Local en Galicia da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co obxectivo de crear unha obra de referencia relacionada coa xestión de administracións locais.

En 2022, exerce de vicepresidente da Comisión da Sociedade da Información, Innovación Tecnolóxica e Avance Dixital da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e é membro da Comisión Galega de Estatística.

Experiencias en movementos sociais editar

Durante a década dos 90, destaca especialmente a súa vinculación con Cáritas na súa delegación de Santiago de Compostela. Dentro da súa actividade coa organización, foi fundador e responsable do Departamento de Asesoría Xurídica de Cáritas en Santiago dende 1991 a 1999. Tamén en Santiago se desenvolveu como responsable do Departamento de Menores dende 1999 ata 2001, tras exercer de presidente en funcións de Cáritas Pontevedra durante un ano (1998-1999).

Vida persoal editar

Está casado e ten un fillo.

Obras editar

Selección de artigos en revistas académicas: editar

  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1995): "La situación de desamparo del menor y su derecho a la educación", Revista Xurídica Galega, pp. 13-27.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1995): "Tratamiento procesal de la impugnación de la resolución de la administración que declara la situación de desamparo", Revista Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, pp. 295-308.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1996): "Algunas reflexiones acerca de la adquisición de la nacionalidad española por adopción", Revista Actualidad Civil, pp. 387-398.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO e outros (1996): "Notas sobre la protección de los consumidores en el derecho contractual", Revista Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, pp. 131-244.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1996): "Comentario a la STS de 16-X-1995", Revista Cuadernos Civitas de Jurisprudencia Civil, pp. 265-272.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1996): "Comentario a la STS de 31-X-1995", Revista de Derecho Privado Artículo, pp. 752-769.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1996): "Algunas reflexiones sobre la nueva ley sobre Responsabilidad Civil y Seguro en la Circulación de Vehículos a Motor", Revista Actualidad Civil, pp. 971-1000.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1997): "Notas urgentes sobre la nueva Ley gallega de familia, la infancia y la adolescencia: luces y sombras, Revista Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela, pp. 239-287.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1998): "Una aproximación al concepto del año agrícola en la Ley de Derecho civil de Galicia", Revista Actualidad Civil, pp. 787-802.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1998): "La competencia legislativa en materia de protección de menores", Revista Jurídica de Castilla-La Mancha, pp. 173-211.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (1998): "Los criterios de imputación de los daños causados con motivo de la circulación de Vehículos a Motor". Revista del Foro Iqueño, pp. 198-207.
  • IGLESAS REDONDO, JULIO IGNACIO e outros (2000): "La Ley 3/1997, de 9 de julio, gallega de la familia, de la infancia y de la adolescencia: nuevas luces y viejas sombras", Revista Xurídica Galega, pp. 347-389.
  • IGLESAS REDONDO, JULIO IGNACIO (2001): "Apuntes sobre la Ley 3/2000, de 22 de diciembre, del voluntariado de Galicia", Revista Xurídica Galega, pp. 313-349.
  • IGLESAS REDONDO, JULIO IGNACIO e outros (2002): "La protección constitucional de las personas mayores como fundamento de la gerontología jurídica", Revista Geriakomos, pp. 1-6.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (2008): "A vueltas con el desamparo", Revista Xurídica Galega, pp. 108-114.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (2008): "Sobre la resolución del contrato de vitalicio y la determinación de su modo de cumplimento", Revista Xurídica Galega, pp. 137-141.
  • IGLESIAS REDONDO, JULIO IGNACIO (2009): "Reflexiones sobre la Justicia. Una aportación desde Galicia “Estado actual: necesidades, demandas, expectativas" [Capítulo de libro], Xunta de Galicia, pp. 315-359.
Libros académicos e colaboracións: editar
  • 1996, Guarda asistencial, tutela ex lege y acogimiento de menores. Barcelona: Editorial CEDECS. ISBN 9788489171268
  • 2004, coordinador con outros, Servicio de ayuda a domicilio. Santiago de Compostela: Editorial Sega.
  • 2007, coordinador con outros, Derecho y Responsabilidad civil Gerontológica. Santiago de Compostela: Editor JM Mayán. ISBN 978-84-921989-9-3

Notas editar

  1. Saúdo do alcalde Arquivado 10 de maio de 2020 en Wayback Machine., consultado o 14-09-2019
  2. "Resultados eleccións municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar