Juliana Hatfield, nada o 27 de xullo de 1967 en Wiscasset, Maine, é unha guitarrista e compositora estadounidense que tocou nas bandas de indie rock Blake Babies e Some Girls e na actualidade actúa en solitario.[1][2]

Infotaula de personaJuliana Hatfield

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Wiscasset, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBerklee College of Music (pt) Traducir
Duxbury High School (en) Traducir
Universidade de Boston Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantautora , guitarrista , autobiógrafa , compositora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAmerican Laundromat Records (en) Traducir
Atlantic Records
Mammoth Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjulianahatfield.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1065434 Facebook: 142070255858240 Twitter: julianahatfield MySpace: julianahatfield Youtube: UCQKptO_6cSyTsvJXczAFXCw Spotify: 3Ei1YRXKbNvyTsFVkSnP84 Last fm: Juliana+Hatfield Musicbrainz: f8bf63aa-9bc9-4c03-8673-396cfd5d3cab Songkick: 33382 Discogs: 261516 Allmusic: mn0000839504 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Wiscasset, Maine, viviu ata a adolescencia en Duxbury, Massachusetts. A pesar de estar próxima a fervente cidade de Boston, en Duxbury Juliana tivo un acceso tardío ao rock. Dende pequena interesouse pola música, estudou piano e cantaba, pero só achou o seu camiño cando descubriu bandas como Replacements e Velvet Underground. Na súa época de universitaria mudouse a Boston para estudar canto no Berklee College of Music, xa coa idea de formar unha banda. Alí coñeceu a John Strohm (guitarrista) e a Brenda Love (batería) e con eles formou Blake Babies, en 1986.

Blake Babies editar

Blake Babies lanzou o seu primeiro álbum, Nicely, Nicely, en 1987, e a partir dese momento a banda comezou a definir o seu son aproximándose a bandas contemporáneas como R.E.M. e Throwing Muses, con Juliana como principal compositora e vocalista.

A banda editou dous discos máis, Earwig e Sunburn, e converteuse nunha das bandas máis prometedoras da escena de Boston, xunto con The Lemonheads. Nese momento, xusto cando estaban a piques de dar o salto ao gran público, Blake Babies anunciou a súa disolución. Strohm e Brenda Nunes formaron Antenna e Juliana comezou a súa carreira en solitario.

Carreira en solitario editar

O seu primeiro disco en solitario, Hey Babe, foi lanzado a través do selo Mammoth Records en 1992 e converteuse nun dos traballos independentes máis vendidos dese ano, superando a cifra das 300.000 copias vendidas. Hatfield recrutou unha sección rítmica formada polo antigo batería de Moving Targets e Bullet LaVolta Todd Phillips, e polo baixista de Thudpucker Dean Fisher, converténdose en The Juliana Hatfield Three.

Hatfield acadou o estrelato dentro do rock alternativo coa edición en 1993 de Become What You Are (baixo o nome de The Juliana Hatfield Three). Varios temas do disco foron emitidas regularmente en grandes emisoras estadounidenses, co seu tema "My Sister" converténdose no maior éxito da súa carreira, chegando ao número 1 da lista Modern Rock Tracks. Partes do vídeo de "Universal Heartbeat" aparecería nun episodio de Beavis and Butt-Head. Outra das súas cancións, "Spin the Bottle", foi usada na banda sonora da película Reality Bites (1994). Hatfield tamén apareceu na portada da revista Spin.

Discografía editar

En solitario editar

  • Hey Babe - 1992 (Mammoth)
  • Become What You Are - 1993 (Atlantic)
  • Only Everything - 1995 (Atlantic)
  • Bed - 1998 (Zoë / Rounder)
  • Beautiful Creature - 2000 (Zoë / Rounder)
  • Total System Failure - 2000 (Zoë / Rounder)
  • In Exile Deo - 2004 (Zoë / Rounder)
  • Made in China - 2005 (Ye Olde Records)

Con Blake Babies editar

Notas editar

  1. "Juliana Hatfield". www.nndb.com. Consultado o 2019-02-07. 
  2. "Juliana Hatfield Background". web.archive.org. 2007-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 2019-02-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.