Julián Sánchez Bort

militar, enxeñeiro e arquitecto español

Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz, foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España. Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol. Traballou nos arsenais de Ferrol, Cartaxena e La Carraca, Cádiz, no século XVIII.

Infotaula de personaJulián Sánchez Bort
Biografía
Nacemento1725
Cuenca
Morte31 de agosto de 1781
Cádiz
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Española
Actividade
OcupaciónArquitecto, enxeñeiro, militar
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

 
Concatedral de San Xiao, Ferrol.

Estudou na Universidade de Orihuela e comezou a traballar en Murcia na década de 1740. Percorreu durante case dous anos cidades e portos nos Países Baixos, Francia e Flandres para formarse en enxeñaría hidráulica. Completou formación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Desde 1754 participou nas obras da base naval de Ferrol durante case vinte anos. En 1771 marcha a Navarra e, tras percorrer distintos destinos e ocuparse de diferentes obras da Coroa, en 1777 é destinado a La Carraca, Cádiz.

Ferrol adicoulle o seu nome a unha rúa do ensanche.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar