Julián Barrio Barrio, nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora, Castela e León) o 15 de agosto de 1946, é un crego católico vinculado a Galicia, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996 ata 2023. En 2022 recibiu a Medalla de Galicia.

Julián Barrio Barrio
Julián Barrio na consagración da igrexa do Bo Pastor de Monte Porreiro, 2010
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1946 en Manganeses de la Polvorosa, Zamora
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
Universidade Pontificia Gregoriana
Universidade de Oviedo
Ordes
Ordenación sacerdotal4 de xullo de 1971, por Antonio Briva Mirabent
Consagración episcopal7 de febreiro de 1993, por Antonio Rouco Varela
Arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela
1996 - 2023
PredecesorAntonio María Rouco Varela
SucesorFrancisco José Prieto
Cargos anterioresBispo titular de Sasabe
Outros

Escudo de Julián Barrio Barrio
In verbo tuo Domine
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

 
Julián Barrio.

Formación editar

Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais foi ordenado sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.

Carreira eclesiástica editar

A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou co seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.

Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade.[1] Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.

Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Segrar da Conferencia Episcopal Española en 2008,[2] en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española.[3]

Como arcebispo de Santiago, foi quen oficiou o funeral de Estado polas vítimas do accidente de Angrois en 2013. En decembro de 2009 promoveu unha reforma dos arciprestados de Galicia, suprimindo por concentración varios deles.[4]

Ao cumprir os 75 anos, no ano 2021, presentou a súa renuncia por idade á Santa Sé.[5] O papa Francisco aceptoulla o 1 de abril de 2023, cando nomeou novo arcebispo de Santiago de Compostela a Francisco José Prieto, ata entón bispo auxiliar compostelán.[6] Barrio permaneceu no arcebispado ata o ordeamento de Prieto, o 3 de xuño de 2023. Daquela marchou vivir a unha casa que ten en Manganeses de la Polvorosa[7].

Sucesión apostólica editar

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar