Juan de Ciórraga

arquitecto español

Juan de Ciórraga y Fernández de la Bastida, nado en Vitoria o 30 de marzo de 1836 e finado na Coruña o 8 de xuño de 1891[1] foi un arquitecto español.

Infotaula de personaJuan de Ciórraga
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1836 Editar o valor em Wikidata
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Praza de María Pita.

Ciórraga foi arquitecto municipal da Coruña desde 1864 ata a súa renuncia en 1890.[1] Durante ese tempo construíuse a praza de María Pita na que introduciu modificacións no deseño dos edificios.

En 1876 conseguiu a aprobación da primeira normativa sobre a construción das galerías, introducindo este elemento no Ensanche coruñés.[2]

Obras editar

Ademais do deseño do Ensanche e da praza de María Pita, Ciórraga creou, entre outras, a nova fachada da Colexiata de Santa María do Campo, na que eliminou engadidos doutras épocas e trasladou a portada á nova fachada,[3] a escalinata da igrexa de Santiago[4] e a fachada posterior do pazo do Marqués de San Martín de Ombreiro,[2] as tres na Cidade Vella coruñesa.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Fernández Caamaño, José M. Vision Net, ed. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 Garrido Moreno, Antonio (1998). Anuario Brigantino, ed. La galería gallega: Una tipología en permanente evolución (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2020. Consultado o 02 de novembro de 2014. 
  3. Navascués Palacio, Pedro; Gutiérrez Robledo, José Luis. Universidad de Salamanca, ed. Medievalismo y neomedievalismo en la arquitectura española (en castelán). 
  4. Salgado Seijas, Martín. "Iglesia de Santiago". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar