Juan Luis Guerra

compositor, cantautor e produtor musical dominicano

Juan Luis Guerra Seijas, nado en Santo Domingo (República Dominicana) o 7 de xuño de 1957, é un compositor, cantautor e produtor musical caribeño. As súas 14 producións (10 delas en estudo) acadaron unhas vendas superiores a 20 millóns de discos en todo o mundo.

Infotaula de personaJuan Luis Guerra

(2012) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Luis Guerra Seijas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
San Pedro de Macorís, República Dominicana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Dominicana Editar o valor em Wikidata
EducaciónBerklee College of Music (pt) Traducir
Conservatorio Nacional de Música
Autonomous University of Santo Domingo (en) Traducir - filosofia e literatura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura193 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , artista discográfico , produtor musical , compositor de cancións , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMerengue, Bachata e Pambiche (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaRoma e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoPolyGram
EMI
Warner Music Group
Vene Music Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjuanluisguerra.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0346045 Facebook: juanluisguerra440 Twitter: JuanLuisGuerra Instagram: juanluisguerra MySpace: juanluisguerra Youtube: UC5j34OS3TkHQyk4aPFiV5Sg TikTok: juanluisguerra Spotify: 22119GKONcwaofkpE1taDZ iTunes: 6786499 Last fm: Juan+Luis+Guerra Musicbrainz: c3dcad1b-1380-4a94-98d8-3f8272f19df6 Songkick: 168302 Discogs: 309408 Allmusic: mn0000291502 Deezer: 4527779 Genius: Juan-luis-guerra Editar o valor em Wikidata

O seu estilo propio mestura o merengue, bolero e salsa con fusións afroantillanas, xunto coas bases da bachata popular dominicana.

Traxectoria editar

É fillo do xogador de baloncesto Gilberto Guerra e de Olga Seijas. Ao rematar secundaria iniciou Filosofía e Literatura na Universidade Autónoma de Santo Domingo, deixándoo logo dun ano para ingresar no Conservatorio Nacional de Música. Despois estudou composición e arranxos no Berklee College of Music de Boston (Massachusetts). Alí coñeceu á que sería a súa muller, Aurora Vega, que naquel momento estudaba Deseño.

Regresou a Santo Domingo e traballou compoñendo jingles publicitarios en inglés para a televisión dominicana. Neste período entrou en contacto cos cantantes Maridalia Hernández, Mariela Mercado e Roger Zayas-Bazán, que o acompañaban regularmente nas gravacións, cos que formou o grupo Juan Luis Guerra y 4.40. En 1984 gravaron o seu primeiro álbum conxunto, Soplando, con influencias do jazz e do grupo vogal Manhattan Transfer.

A orixe do nome procede da cifra 440, o número de herzios da frecuencia da nota la, usada como referencia para afinar os instrumentos.

En 1984, coa mediación do empresario dominicano Bienvenido Rodríguez, asinan un contrato coa discográfica Karen Records, o que leva ao grupo a derivar a súa orientación musical cara ao merengue comercial. Editan os álbums Mudanza y acarreo (1985) e Mientras más lo pienso... tú (1986). En 1988 estrénase como compositor para outros artistas. Para o seu compatriota Tati Salas compuxo o tema "De tu boca", co que participou no Festival da OTI, quedando entre os 3 primeiros. Tambn destacan as composicións para os mexicanos Emmanuel ("No he podido verte", 1990) e Luis Miguel ("Hasta que me olvides", 1993 e "Te necesito", 2003). Tamén compuxo para o grupo Miriam y sus Chicas "Te Propongo", popularizado en 1994 polo cantante de salsa Gilberto Santa Rosa.

En 1987, durante a gravación do álbum Ojalá que llueva café, os constantes cambios nos vocalistas da agrupación levárono a converterse na principal figura do grupo. Este álbum representa o inicio da consagración internacional de Guerra, situándose no primeiro posto de vendas en moitos países de América Latina. Os temas máis promocionados foron a canción que dá título ao disco, "Visa para un sueño" e a canción folclórica venezolana "Woman del Callao", dada a coñecer previamente por Julio Delgado acompañado do grupo Un Solo Pueblo.

En 1990, en medio de moitas expectativas, Guerra presentou o álbum Bachata Rosa, o primeiro editado en CD e o máis exitoso da súa carreira desde o punto de vista comercial e que lle valeu un premio Grammy.

En 1991 Polygram Records editou para o mercado brasileiro o álbum Romance Rosa, con 4 temas de Bachata Rosa versionadas por Aloysio Reis e con temas en castelán dos seus discos anteriores.

O seu seguinte álbum foi Areíto (1992). Co tema "El costo de la vida" manifiestouse sobre as pobres condicións de vida na República Dominicana e América Latina. Algúns dos seus compatriotas sentiron que el non era a persoa máis apropiada para opinar, alegando que nunca padeceu a pobreza. Ademais de temas contestatarios como "Si de aquí saliera petróleo" (coa participación do panameño Rubén Blades), experimenta con músicos da Orquestra Filharmónica de Nova York en "Cuando te beso" e coa agrupación American Boy Choir en "Naboria Daca Mayamimacaná", escrito na lingua da desaparecida etnia taína.

En 1994 publicou Fogaraté, destacando nel o tema "La cosquillita", rescatando o merengue rápido folclórico coñecido como perico ripiao xunto ao acordeonista Francisco Ulloa e o seu conxunto. Además fusionou o merengue co soukus de Suráfrica ("Fogaraté", "El beso de la ciguatera"), e colaborando co guitarrista congolés Diblo Dibala. Este disco inclúe o primeiro tema de Guerra cantado completamente en inglés, "July 19th".

En 1995 Guerra retirouse temporalmente dos escenarios. En xuño fundou a emisora de radio Viva FM e o canal de televisión Mango TV co obxectivo de difundir os talentos musicais do seu país.

En 1998 editou Ni es lo Mismo ni es Igual, co que obtivo no ano 2000 tres premios na primeira emisión de Latin Grammy Awards. Con este álbum Juan Luis colocou consecutivamente os temas "Mi PC" e "Palomita Blanca"á cabeza do Hot Latin Tracks da revista Billboard, se ben o tema máis popular resultou ser "El Niágara en bicicleta".

En agosto de 2004 publicouse Para ti, que inclúe temas de corte relixioso, que recibiu varios premios Billboard e o Grammy Latino nas categorías de Mellor Álbum Cristián e Mellor Canción Tropical por "Las avispas".

 
Juan Luis Guerra en concerto en xullo de 2005.

En 2007 publicouse La llave de mi corazón, considerado por el mesmo como o disco máis romántico da súa carreira. Inclúe dúas cancións en inglés, unha delas a dúo coa italiana Ciara Civello, titulada "Something good".

En xuño de 2010 publicouse AsondeGuerra, con novas influencias como o mambo, funk, rock, jazz ou reggae. Nel colabora Juanes, e inclúe cancións como "Bachata en Fukuoka".

Discografía editar

Ano de publicación Título Discográfica
1984 Soplando Audiolab (República Dominicana)
1985 Mudanza y acarreo Karen Records
1987 Mientras Más Lo Pienso...Tú Karen Records
1990 Ojalá que llueva café Karen Records
1991 Bachata rosa[1] Karen Records
1990 El original 4.40[2] Warner Music Latin
1992 Areíto Karen Records
1994 Fogaraté Karen Records
1998 [Ni Es Lo Mismo, Ni Es Igual Karen Records
2004 Para Ti VeneMusic (EUA)
2007 La Llave de Mi Corazón EMI Music Latin (EUA)
2007 La Llave de mi Corazón. Fan Edition EMI Music Latin (EUA)
2010 A Son De Guerra EMI Music Capitol Latin (EUA)

Notas editar

  1. Primeiro álbum de Juan Luis Guerra y 4.40 con formato CD
  2. Reedición en formato CD do primeiro LP do grupo.