Juan Loriga

político español

Juan de Loriga y Reguera[1] nado en Sigrás (Cambre) en 1788 e finado en Santiago de Cuba o 9 de agosto de 1829, foi un militar galego que combateu nos exércitos de Chile e o Perú. Foi ademais gobernador do departamento oriental de Cuba.

Infotaula de personaJuan Loriga
Biografía
Nacemento1788 Editar o valor em Wikidata
Cambre, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1829 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Loriga naceu en Sigrás, fillo do coronel Domingo Antonio Loriga e de Josefa Reguera. Aos catorce anos enrolouse no exército con motivo da invasión francesa, servindo na artillaría a cabalo e acadando certo nome nos exércitos de Estremadura. Cóntase como anécdota para describir o seu celo que tras recibir a orde de requisar cabalos para o tiro dos canóns, o primeiro que ordenou foi confiscar o cabalo do seu pai e as eguas do coche dunhas tías del.[2]

Acabou a guerra co grao de coronel e en 1818 formou parte da última expedición militar que partiu de España como reforzo dos realista de América.[3] Xunto ao tenente coronel Fausto del Hoyo e algúns restos do segundo batallón de Cantabria desembarcou en Talcahuano, incorporándose ao exército realista acantonado en Valdivia.[4] Aburrido polas pugnas internas dos xefes realistas de Chile separouse deste exército e pasou ao Perú,[5] onde participou na incursión do xeneral José de Canterac sobre Lima en 1821 e na batalla de Ica en 1822. Ascendeu a brigadier e comandante xeneral de cabalería do exército do Norte en 1823.

A principios de 1824 foi enviado polo vicerrei La Serna a España para contar a situación do vicerreinado. As novas da batalla de Ayacucho sorprendérono na península, libérandoo dos compromisos políticos que recaeron sobre outros xefes realistas. En 1825 foi nomeado mariscal de campo e pasou a servir en Cuba, onde exerceu o cargo de gobernador departamental ata a súa morte, producida pola febre amarela.[6]

Matrimonios editar

Casou en 1825 en Madrid coa dama limeña Juana de la Pezuela, filla do vicerrei Joaquín de la Pezuela, que faleceu pouco despois por unha complicación durante o parto. Durante a súa estadía en Cuba en 1829, pouco antes da súa morte, casou con Mariana Kindelan y Mozo de la Torre, filla dunha familia crioula aristocrática.[7]

Notas editar

  1. Nalgunhas publicacións aparece o seu segundo apelido como Requena ou Mondragón
  2. Establecimiento Tipogr. Militar, España 1850, "La revista militar: periódico de arte, ciencia y literatura militar", Volume 7, páx. 268
  3. Angel Justiniano Carranza, "Campañas navales de la República Argentina: cuadros históricos", Volumes 2-4, páx. 142
  4. Gabriel Guarda, "La sociedad en Chile austral", páx. 437
  5. Mariano Torrente, "Historia de la Revolution Hispano-Americana", Tomo II, páx. 506
  6. Jacobo de la Pezuela, "Diccionario geográfico, estadístico, histórico, de la isla de Cuba", Volume 3, páx. 527
  7. Francisco Xavier de Santa Cruz y Mallén, "Historia de familias cubanas", Volume 1, páx. 194