Juan Francisco Torres

futbolista español

Juan Francisco Torres Belén, máis coñecido como Juanfran, nado en Crevillent (Alacant) o 9 de xaneiro de 1985, é un futbolista español. Xoga de extremo ou lateral por banda dereita e o seu actual equipo é o São Paulo FC brasileiro.

Juanfran
Información persoal
Nome Juan Francisco Torres Belén
Nacemento 9 de xaneiro de 1985 (39 anos)
Lugar de nacemento Crevillent
Altura 1,80 m.
Posición Extremo/lateral dereito
Información de club
Club actual São Paulo
Número 20
Carreira xuvenil
Kelme CF
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2005 Real Madrid B 56 (6)
2004–2006 Real Madrid 6 (0)
2005–2006Espanyol (cedido) 30 (1)
2006–2011 Osasuna 148 (12)
2011–2019 Atlético de Madrid 243 (3)
2019– São Paulo 17 (0)
Selección nacional
2003 España sub-17 4 (1)
2003 España sub-18 3 (0)
2004 España sub-19 4 (1)
2003–2005 España sub-20 11 (3)
2004–2006 España sub-21 9 (0)
2012–2016 España 22 (1)
Na rede
Twitter: JuanfranTorres Instagram: 20.juanfran FIFA: 207906 UEFA: 69172 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de decembro de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Tamén xogou un partido coa selección de fútbol de España, coa que gañou, aínda que non xogou ningún partido, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria editar

Juanfran formouse nas categorías inferiores do Kelme CF, desde onde pasou á cadea filial do Real Madrid, chegando a xogar co primeiro equipo en Primeira División o 24 de xaneiro de 2004 ante o Villarreal CF, que acabou con vitoria por 2-1 para os madrileños.

Na tempada 2005-06 foi cedido ao RCD Espanyol.[2] Sería nese club no que conseguiría o seu primeiro título, a Copa do Rei de fútbol, enfrontándose co Zaragoza na final que se disputou no Estadio Santiago Bernabéu.

Un ano despois fichou polo Osasuna,[3] equipo no que xogou frecuentemente como titular. O 31 de maio de 2009 marcou un gol decisivo para a permanencia do Osasuna en Primeira División, no partido que enfrontou ao equipo rojillo e ao Real Madrid na última xornada de Liga.[4]

O 12 de xaneiro de 2011 foi traspasado ao Atlético de Madrid por 4 250 000 €[5] e só dous días despois debutou como titular co conxunto branquivermello no Santiago Bernabéu no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei fronte ao Real Madrid, finalizando o encontro cunha vitoria para o club branco por tres a un. No seguinte partido, o 17 de xaneiro, fixo o seu debut en liga no Vicente Calderón contra o Real Club Deportivo Mallorca (3-0). Na última xornada de liga marcou no Iberostar Estadi o seu primeiro gol coa camiseta do Atlético fronte ao Mallorca conseguindo a vitoria (3-4). Tivo un sabor especial pois dedicou o gol ao seu pai que falecera unhas semanas antes.

Na tempada 2011/12, o 28 de xullo, disputou o seu primeiro partido europeo coa camiseta do Atlético de Madrid no partido de ida da terceira rolda de clasificación da Europa League (2-1). O 28 de agosto de 2011 disputou o seu partido número 200 en Primeira División no empate a cero contra o Osasuna. O 29 de setembro, no partido correspondente á segunda xornada da fase de grupos da Europa League que lle enfrontou ao Rennes, Juanfran anotou o seu primeiro gol en competición europea pondo o definitivo empate a un no marcador. Meses máis tarde, en concreto o 9 de maio de 2012, conseguiu o seu primeiro título internacional proclamándose co seu equipo campión da Europa League ao vencer por 3-0 ao Athletic Club.

Selección nacional editar

Juanfran foi internacional nas categorías inferiores da selección, participando nos mundiais Sub-20 de 2003 e 2005, sendo subcampión no dos Emiratos 2003, xunto a Andrés Iniesta entre outros.

O 15 de maio de 2012 o seu nome apareceu como convocado[6] por primeira vez na lista para os seguintes amigables da Selección española absoluta, ante Serbia e ante Corea do Sur, dada polo seleccionador Vicente del Bosque. Debutou o 26 de maio no partido contra a selección nacional de Serbia portando o dorsal número 6 e xogando o partido enteiro. Ao día seguinte, o seleccionador Vicente del Bosque convocouno para disputar a Eurocopa de 2012 que se disputaba en Polonia e Ucraína na que se proclamou campión a pesar de non disputar ningún minuto do torneo.

Participacións en Eurocopas editar

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2012   Polonia
  Ucraína
Campión

Estatísticas editar

Actualizado o 14 de maio de 2012.

Club Tempada Categoría Liga Copa Europa League Total
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
  Real Madrid 2003/04 Primeira División 5 0 0 0 - - 5 0
2004/05 Primeira División 1 0 0 0 - - 1 0
  RCD Espanyol 2005/06 Primeira División 30 1 6 0 - - 36 1
  CA Osasuna 2006/07 Primeira División 28 2 4 0 9 1 41 3
2007/08 Primeira División 34 3 2 0 - - 36 3
2008/09 Primeira División 35 2 1 0 - - 36 2
2009/10 Primeira División 33 4 3 0 - - 36 4
2010/11 Primeira División 18 1 1 0 - - 19 1
  Atlético de Madrid 15 1 2 0 - - 17 1
2011/12 Primeira División 26 0 2 0 16 1 44 1
Total 225 14 21 0 25 2 271 16

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Equipo País Ano
Copa do Rei RCD Espanyol España 2006
Copa do Rei Atlético de Madrid España 2013
Primeira División Atlético de Madrid España 2014

Copas internacionais editar

Título Equipo País Ano
UEFA Europa League Atlético de Madrid España 2012
Eurocopa Selección española Polonia/Ucraína 2012
Supercopa de Europa Atlético de Madrid España 2012

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Premio banda dereita de prata de Fútbol Draft[7] 2006

Notas editar

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. "Juanfran se va cedido al Espanyol". Mercafutbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  3. "Juanfran firma co CA Osasuna para as próximas catro tempadas". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  4. Juanfran marcou o gol da permanencia
  5. Club Atlético Osasuna (ed.). "Traspaso de Juanfran ao Atlético de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 
  6. Convocatoria da Selección española.
  7. "Fútbol Draft 2006". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar