Juan Carlos Varela

Juan Carlos Varela Rodríguez, nado en Cidade de Panamá o 12 de decembro de 1963, é un enxeñeiro, empresario e político panameño, que foi presidente de Panamá de 2014 a 2019.

Infotaula de personaJuan Carlos Varela Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Cidade de Panamá Editar o valor em Wikidata
37º Presidente de Panamá
1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Ricardo Martinelli (pt) TraducirLaurentino Cortizo →
Vice President of Panama (en) Traducir
1 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
1 de xullo de 2009 – 30 de agosto de 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePanamá Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Educación Instituto Tecnológico de Xeorxia
Actividade
OcupaciónPolítico, enxeñeiro, empresario
Partido políticoPartido Panamenhista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeLorena Castillo de Varela (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ImputaciónLavado de cartos Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjuancarlosvarela.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: ValeraJC Twitter: jc_varela Editar o valor em Wikidata

Antes exercera os cargos de vicepresidente da República de Panamá, desde o 1 de xullo de 2009 até o 1 de xullo de 2014 e de ministro de Relacións Exteriores dende o 1 de xullo de 2009 até o 30 de agosto de 2011, ao ser destituído polo presidente Ricardo Martinelli, acto que provocou a ruptura da alianza gobernamental entre o Partido Panameñista, presidido por Varela e Cambio Democrático, presidido por Martinelli.

Tras as eleccións presidenciais do 4 de maio de 2014, foi elixido presidente de Panamá por parte da alianza entre o Partido Panameñista e o Partido Popular.[1]

Traxectoria editar

Posúe ascendencia galega, xa que o seu avó José Varela Blanco, emigrou a Panamá en 1896 e era orixinario de Bergondo na provincia da Coruña.[2][3][4] Ten tamén raíces familiares na provincia de Herrera.[5] Cursou estudos de primaria e secundaria no Colegio Javier. Os seus estudos universitarios realizounos no Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia, en Estados Unidos, onde obtivo o título (BSc) de Enxeñeiro Industrial.

É empresario do sector privado e desempeñouse como directivo desde 1985 do grupo Varela do que foi vicepresidente executivo até xaneiro de 2008.[5] Dende o sector privado, Varela apoiou proxectos sociais, de cultura, de deporte, educativos, folclóricos e do medio ambiente, a través da empresa Varela Hermanos S. A.[5]

Iniciouse no panameñismo dende moi novo, cando aos 14 anos acompañou ao seu pai a traballar na provincia de Chiriquí, participando en xiras de organización do Movemento Panameñista en 1977, coa apertura democrática que se deu para a firma dos Tratados Torrijos-Carter.[5]

Participou na campaña presidencial de 1984 con Arnulfo Arias Madrid e na de 1989 co presidente Guillermo Endara. Foi un dos coordinadores da campaña presidencial de Alberto Vallarino en 1999, candidato á Presidencia por unha alianza de partidos políticos liderada pola Democracia Cristiá, opóndose á candidatura de Mireya Moscoso, polo Partido Arnulfista.[5] Participou como director nacional do Partido Arnulfista de 1992 a 1999. No 2004 axudou na coordinación de campañas de varios deputados, alcaldes e representantes, moitos dos cales foron electos e con eles iniciou un movemento de renovación no Partido Panameñista.[5]

O presidente Ricardo Martinelli anunciara publicamente que Juan Carlos Varela era o candidato presidencial da alianza gobernamental para as eleccións de 2014. Con todo, Martinelli retractouse e logo de disputas entre membros dos partidos Cambio Democrático e Panameñista, Varela foi destituído do seu cargo de ministro o 30 de agosto de 2011 por Martinelli, provocando o final da alianza gobernamental e a renuncia dos membros do panameñismo no goberno.

Eleccións de 2014 editar

O 17 de marzo de 2013, converteuse en candidato oficial á Presidencia da República polo Partido Panameñista tras obter máis do 99 % dos votos nas primarias do partido.

O 25 de agosto Varela foi proclamado candidato da Alianza “El Pueblo Primero”, formada polo Partido Panameñista e o Partido Popular co apoio do movemento político “Los Gallos de Verdad”, persoas disidentes do Partido MOLIRENA e sectores independentes do país.[6]

O 4 de maio de 2014 obtivo a vitoria nas eleccións presidenciais ao vencer ao candidato oficialista José Domingo Arias cun 39 % dos votos emitidos. Asumiu o cargo de presidente de Panamá o 1 de xullo sucedendo a Ricardo Martinelli.[7]

Vida privada editar

Está casado coa xornalista Lorena Castillo García e ten tres fillos: Gian Carlo, Adrián e Stefan.[5]

Distincións editar


Presidente de Panamá

Segue a:
Ricardo Martinelli
Juan Carlos Varela
Precede a:
Laureano Cortizo
Partido Panameñista
Vicepresidente de Panamá

Segue a:
Samuel Lewis Navarro
Juan Carlos Varela
Precede a:
Isabel Saint Malo
Partido Panameñista
Ministro de Relacións Exteriores de Panamá

Segue a:
Samuel Lewis Navarro
Juan Carlos Varela
Precede a:
Roberto Henríquez
Partido Panameñista

Notas editar

  1. "Tribunal Electoral: Juan Carlos Varela gana presidencia de Panamá" (en castelán). 4 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. "Ascendencia gallega del presidente panameño" (en castelán). 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  3. ""Vengo a visitar mis raíces"". La Opinión de A Coruña (en castelán). 7 de setembro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  4. "El presidente de Panamá se reencuentra con sus raíces en su visita a España". El Ideal Gallego (en castelán). 6 de setembro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Biografía de Juan Carlos Varela" (en castelán). 3 de xullo de 2009. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  6. Archibold, Randal C. (4 de maio de 2014). "Incumbent’s Party Loses Presidency in Panama". The New York Times (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  7. "Juan Carlos Varela toma posesión de la presidencia de Panamá". CNN (en castelán). 1 de xullo de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  8. "The Grand Master’s State Visit to Panama" (en inglés). 24 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar