Juan Camilo Mouriño

político mexicano

Juan Camilo Mouriño Terrazo, chamado Iván, nado en Madrid o 1 de agosto de 1971 e finado en Cidade de México, o 4 de novembro de 2008, foi un político e economista mexicano de orixe galega.

Juan Camilo Mouriño
Nome completoJuan Camilo Mouriño Terrazo
Nacemento1 de agosto de 1971
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento4 de novembro de 2008 (37 anos)
Lugar de falecementoCidade de México
Causaaccidente de aviación
NacionalidadeMéxico e España
Alma máterUniversidade de Tampa
Ocupaciónpolítico, economista e ministro
PaiCarlos Mouriño
IrmánsMarián Mouriño
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación e política editar

Foi fillo de Carlos Mouriño, o empresario vigués que na actualidade é presidente do Real Club Celta, e de Ángeles Terrazo, tamén de orixe galega. Os primeiros anos da súa vida pásaos en Madrid, e aos 7 marcha para México D.F. acompañando os negocios do pai. Logo mudan a Campeche, onde establecen a súa casa. Aos 18 anos escolle a nacionalidade mexicana, licénciase en Economía na Universidade de Tampa (Florida) e despois obtén un máster en contabilidade pola Universidade de Campeche.

Nese tempo é secuestrado e a seguir comeza a súa andaina política militando no Partido Acción Nacional. Inicia a súa carreira na asemblea do estado de Campeche, como deputado, e en 2000 faise coa acta de deputado no congreso mexicano. Nas eleccións de 2003 ao estado de Campeche preséntase como candidato do PAN, pero sae derrotado polo priísta Fernando Ortega Bernés.

Seguidamente foi nomeado coordinador xeral do ministerio de Enerxía mexicano, que tiña como ministro a Felipe Calderón. En 2005 Calderón renuncia ao cargo para dedicarse a preparar as eleccións presidenciais mexicanas e Mouriño ségueo, primeiro como coordinador xeral da precampaña, logo como coordinador xeral da campaña e logo como vicecoordinador ás ordes de Josefina Vázquez Mota. Logo da vitoria de Calderón, o 1 de decembro de 2006 foi nomeado xefe da Oficina da Presidencia.

O 16 de xaneiro de 2008 o presidente noméao ministro de Gobernación en substitución de Francisco Ramírez Acuña.

Falecemento editar

O 4 de novembro dese mesmo ano 2008, en plena campaña de detencións contra o narcotráfico, falece nun accidente de aviación[1] cando volvía á Cidade de México dende San Luis Potosí. A avioneta, unha Learjet 45 XR[2] na que viaxaban nove persoas, caeu sobre a avenida Paseo de la Reforma da capital mexicana, deixando ademais cinco mortos[3] e unha corentena de feridos no chan. Na mesma aeronave ía José Luis Santiago Vasconcelos, un alto cargo mexicano responsable da loita contra o narcotráfico e que xa fora vítima de intentos de asasinato en tres ocasións.[4] Porén, as causas do accidente debéronse a un excesivo achegamento da avioneta a outro avión, debido á inexperiencia dos pilotos[5][6].

O seu corpo foi soterrado nunha cripta da catedral de Campeche[7], coa bandeira mexicana.

Datos persoais editar

Tiña un irmán e unha irmá maiores, e estaba casado.

Notas editar