Juan Baliño Ledo

avogado galego

Juan Baliño Ledo, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1999,[1] foi un avogado galego.

Infotaula de personaJuan Baliño Ledo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Secretario Xeral do Concello de Vigo, e durante a guerra civil española Secretario da comisión xestora municipal, presidida polo Comisario de Guerra José Giménez García.[2] Posteriormente tamén foi xerente do Faro de Vigo.

En 1923 foi xunto a Manuel de Castro Handicap e Pepe Bar un dos máximos valedores da fusión do Real Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo, que deu pé ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. Ocupouse da parte xurídica da fusión e formou parte da comisión creada para dar forma ao novo club e elaborar os seus estatutos. Súa é a proposta de Celta de Vigo como nome e as cores do seu equipamento. Foi un dos primeiros directivos do club. Anos despois foi presidente da Federación Galega de Fútbol e da de Atletismo.

Vida persoal editar

Casou en 1931 con María Luisa Díaz Iglesias.

Notas editar

  1. Faro de Vigo, 29-10-1999, p. 12, 13.
  2. "El Movimiento antes del movimiento: De las asociaciones católicas a FET de las JONS. El caso de Vigo" (PDF). Consultado o 12 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 80–81. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas editar