Juan Vicente García Aguirre, nado en Donostia (Guipúscoa) o 11 de febreiro de 1970, é un guitarrista español, compoñente do conxunto zaragozano Amaral.

Juan Aguirre
Nome completoJuan Vicente García Aguirre
Data nacemento11 de febreiro de 1970 (54 anos)
Nado enDonostia País Vasco País Vasco
OcupaciónMúsico
XéneroPop-Rock
Instrumento(s)Guitarra
Relacionado conAmaral
Tempo en activo1997 - actualidade
PseudónimoJuan Aguirre
Na rede
http://www.amaral.es
IMDB: nm1872074 Musicbrainz: 5ea91d19-dfe7-42e7-b7e8-5e51b03a7b25 Discogs: 858963 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Viviu os seus primeiros anos no barrio de Gros de Donostia, e despois marchou a Zaragoza. Foi guitarrista nunha banda de Pop-Rock de matices psicodélicos chamada Días de vino y rosas, que editou só un disco no ano 1990, de nome homónimo ao grupo.

En 1993 coñece a Eva Amaral, con quen forma o grupo Amaral. Durante 5 anos, adícanse a compoñer e tocar en pequenas salas de Zaragoza. Até 1997, trasládase xunto a Eva a Madrid, e ese mesmo ano firman con Virgin-EMI para gravar o seu primeiro material discográfico. Ao ano seguinte, sae ao mercado o primeiro álbum do grupo, titulado Amaral.

Ata a actualidade gravaron cinco discos con grande éxito, converténdose nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras. Durante a xira de Pájaros en la cabeza, Juan tamén cantaba. Concretamente "Tardes", que foi composta por el e incluída no primeiro disco. No 2008, Eva e Juan versionaron "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta".

Discografía editar

Álbums editar

* Amaral (1998)
* Una pequeña parte del mundo (2000)
* Estrella de mar (2002)
* Pájaros en la cabeza (2005)
* Gato negro◆Dragón rojo (2008)

DVDs editar

* El comienzo del Big Bang (2005)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar