Juan Ávila

político español

Juan Manuel Ávila Francés, nado en Cuenca o 24 de maio de 1967, é un político español, membro do PSOE e alcalde de Cuenca desde 2011.

Juan Ávila

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Francisco Javier Pulido (PP)

xullo de 2007 – 15 de xullo de 2011
Precedido por Luis Muelas (PSOE)
Sucedido por Benjamín Prieto Valencia (PP)

Datos persoais
Nacemento 24 de maio de 1967 (56 anos) Cuenca (Castela-A Mancha)
Partido Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Profesión Economista
Alma máter Universidade Autónoma de Madrid

Nacido en Cuenca, pasou parte da súa infancia en Huete, o pobo dos seus pais, onde cursou estudos de Educación Básica. Máis tarde trasladouse a Cidade Real, onde realizou os seus estudos de Bacharelato e con 17 anos mudouse coa súa familia a Cuenca, onde fixo COU. En Madrid licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade Autónoma de Madrid. Entre 1993 e 2001 traballou como asesor do Defensor do Pobo, até que foi nomeado Delegado da Consellaría de Benestar Social da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha en Cuenca baixo o goberno de José Bono.

Membro do PSOE, en 2003 foi elixido concelleiro polo PSOE no Concello de Cuenca, sendo nomeado tenente de alcalde en 2005 polo entón alcalde José Manuel Martínez Cenzano, até a vitoria do PP nas eleccións municipais de 2007. Entre 2007 e 2011 desempeñou o cargo de Presidente da Deputación Provincial de Cuenca.

En outono de 2010 presentou a súa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio de 2011, gañando os comicios por maioría absoluta, obtendo 13 concelleiros fronte a 12 do candidato do PP e daquelas alcalde, Francisco Javier Pulido. Desde o 11 de xuño de 2011 ostenta o cargo de alcalde do concello de Cuenca.

Predecesor:
Luis Muelas

Presidente da Deputación Provincial de Cuenca

2007-2011
Sucesor:
Benjamín Prieto Valencia
Predecesor:
Francisco Javier Pulido

Alcalde de Cuenca

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo