Josh Powell
Josh Powell, nado o 25 de xaneiro de 1983 en Charleston, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.
Carreira editar
Procedente da Universidade de North Carolina State, Powell non foi elixido no draft, mais asinou como axente libre por Dallas Mavericks. No seu ano "senior" universitario, tivo unha media de 12,4 puntos e 5,2 asistencias. A comezos da tempada 2005−06, Powell tívose que marchar a xogar á NBDL xa que na NBA só xogaba nos minutos nos que o partido estaba decidido, os chamados "minutos do lixo". Con todo, comezou a xogar máis tras as lesións de Josh Howard e Keith Van Horn, xa que a estrela Dirk Nowitzki necesitaba axuda dos seus compañeiros. O 23 de xullo de 2006 foi traspasado a Indiana Pacers xunto con Darrell Armstrong e Rawle Marshall a cambio de Anthony Johnson.
A súa estancia en Indiana durou pouco, xa que o 17 de xaneiro de 2007 foi enviado a Golden State Warriors cos seus compañeiros Stephen Jackson, Šarūnas Jasikevičius e Al Harrington por Troy Murphy, Mike Dunleavy, Jr., Ike Diogu e Keith McLeod. Ao ano seguinte xogou cos Clippers. Posteriormente, o 14 de agosto de 2008 asinou como axente libre por Los Angeles Lakers,[1] cos que gañou dous aneis de campión. O 26 de xullo de 2010 asinou un contrato cos Atlanta Hawks por un ano e 1,1 millóns de dólares.
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- ESPN.com - Josh Powell (en inglés)