Joseph William Kittinger II, nado en Tampa o 27 de xullo de 1928 e finado en Florida o 9 de decembro de 2022,[1] foi un aviador e oficial da Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi famoso pola súa participación no Proxecto Manhigh e o Proxecto Excelsior e tamén por ser o primeiro home en cruzar en solitario o océano Atlántico nun globo de gas.

Infotaula de personaJoseph Kittinger

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalJoseph William Kittinger II
Biografía
Nacemento(en) Joseph William Kittinger Jr. Editar o valor em Wikidata
27 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Tampa, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Orlando, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBolles School (en) Traducir (valor descoñecido–1946)
Universidade da Flórida (pt) Traducir (1947–1949) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da forza aérea , piloto de guerra , aeronauta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor em Wikidata - 1978 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarcoronel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra do Vietnam Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Kittinger-22

Traxectoria editar

Mocidade e carreira militar editar

Kittinger naceu en Tampa (Florida), formouse no Bolles School en Jacksonville e na Universidade de Florida. Tras participar en carreiras de lanchas motoras sendo adolescente e posteriormente completar o seu adestramento en aviación, uniuse á USAF en marzo de 1950. Foi asignado á 86ª Á de Cazabombarderos con base en Ramstein na Alemaña Occidental.

En 1954 foi transferido á base aérea de Holloman en Novo México e ao Centro de Desenvolvemento de Mísiles da Forza Aérea (AFMDC). Kittinger voou nun avión de observación para seguir a zorra foguete do coronel John Stapp, que en 1955 alcanzou 1.017 km/h. En 1957, como parte do proxecto Manhigh, alcanzou unha nova marca de altitude en 29.500 m e recibiu a Cruz de Voo Distinguido.

Proxecto Excelsior editar

 
Salto de Kittinger desde a góndola do Excelsior III

Como capitán, Kittinger foi asignado aos Laboratios de Investigación Médica Aeroespacial na base aérea de Wright-Patterson en Dayton (Ohio). Para o Proxecto Excelsior, como parte da investigación de saltos a grandes altitudes, realizou unha serie de tres saltos en paracaídas, levando un traxe presurizado, desde un globo de helio cunha góndola aberta.

O primeiro salto realizouse en novembro de 1959 desde 23.287 m (76.400 pés). O saltou case acaba en traxedia debido a fallos no equipo, o que lle causou a perda da consciencia, pero o paracaídas automático salvoulle. Tres semanas máis tarde saltou de novo desde 22.769 m (74.700 pés).

O 16 de agosto de 1960, Kittinger realizou o seu último salto desde o Excelsior III a 31.300 m (102.800 pés). Durante unha caída libre de 4 minutos e 36 segundos alcanzou unha velocidade máxima de 988 km/h antes de abrir o seu paracaídas a 5.500 m de altitude. A presurización da súa luva dereita fallou durante o ascenso que lle provocou unha inchazón. Kittinger conseguiu as marcas de maior ascenso en globo, salto en paracaídas de maior altitude, caída libre máis longa e maior velocidade dun home na atmosfera.Joseph W. Kittinger, Jr., Col (Ret), USAF (en inglés)

Polos saltos, Kittinger recibiu unha condecoración de Folla de Carballo á súa Cruz de Voo Distinguido e o premio Harmon Trophy por parte do presidente Eisenhower.

Carreira posterior editar

De regreso á base Holloman, Kittinger formou parte do Proxecto Stargazer, os días 13 e 14 de decembro de 1962. Kittinger e o astrónomo William C. White, subiron nun globo a 25.055 m (82.200 pés) e realizaron observacións durante máis de dezaoito horas.

Posteriormente, realizou tres períodos de servizo durante a Guerra de Vietnam, realizando un total de 483 misións, as dúas primeiras veces como comandante dos avións A-26 Invader. Na terceira vez, como voluntario entre 1971 e 1972, foi comandante dos F-4 Phantom do 555º Escuadrón Táctico de Cazas e logo converteuse no vicecomandante da 432ª Á de Recoñecemento Táctico. Kittinger foi derrubado durante un encontro cun MiG o 11 de maio de 1972 e estivo como prisioneiro de guerra durante once meses na prisión de Hoa Loa (máis coñecida como Hanoi Hilton).

En 1978 retirouse como coronel e comezou a traballar para Martin Marietta. O seu interese no voo en globo continuou, gañando a Copa Gordon Bennett en tres ocasións (1982, 1984 e 1985) e completando a primeira viaxe en solitario sobre o Atlántico desde o 14 ao 18 de setembro de 1984. En 1961, Kittinger escribiu un libro titulado The Long, Lonely Leap.

En 1997, Kittinger entrou no Salón da Fama da Aviación Nacional en Dayton.[2] Kittinger viviu na zona de Orlando e foi vicepresidente de operacións de voo para Rosie Ou'Grady's Flying Circus.

Notas editar

  1. Goldstein, Richard (9 de decembro de 2022). "Joseph Kittinger, a Record-Setter High in the Skies, Dies at 94". The New York Times. Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  2. Joseph Kittinger, Jr. en National Aviation Hall of Fame Arquivado 05 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Datos das misións editar