Joseph Gyau

futbolista estadounidense

Joseph-Claude Agyeman Gyau, máis coñecido como Joe Gyau, nado o 16 de setembro de 1992 en Tampa, Florida, é un futbolista estadounidense que xoga como volante ofensivo ou dianteiro para o MSV Duisburg da 2. Bundesliga de Alemaña.

Joseph Gyau
Información persoal
Nome Joseph-Claude Agyeman Gyau
Nacemento 16 de setembro de 1992 (31 anos)
Lugar de nacemento Tampa
Altura 1,75 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual MSV Duisburg
Número 36
Carreira xuvenil
2001–2007 Bethesda Roadrunners
2007–2009 IMG Soccer Academy
2009–2011 1899 Hoffenheim
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2014 1899 Hoffenheim II 56 (9)
2012–2014 1899 Hoffenheim 2 (0)
2012–2013FC St. Pauli (cedido) 15 (0)
2013FC St. Pauli II (cedido) 2 (1)
2014–2016 Borussia Dortmund II 13 (2)
2014–2016 Borussia Dortmund 1 (0)
2017–2018 Sonnenhof Großaspach 46 (6)
2018– MSV Duisburg 9 (1)
Selección nacional
2007–2009 Estados Unidos sub-17 28 (2)
2010–2011 Estados Unidos sub-20 4 (4)
2012 Estados Unidos sub-23 4 (0)
2014 Estados Unidos 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de decembro de 2018.
Selección: actualizado a 14 de setembro de 2017.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

TSG 1899 Hoffenheim editar

Gyau é un produto da Academia de Fútbol IMG dos Estados Unidos, xogando alí entre 2007 e 2009. En 2009 fichou para o club alemán TSG 1899 Hoffenheim e debutou na tempada 2010-11 xogando para o equipo de reservas. Gyau debutou co primeiro equipo o 8 de febreiro de 2012, entrando como substituto na segunda metade en substitución do seu compatriota Fabian Johnson na derrota do Hoffenheim 1-0 contra o Greuther Fürth polos cuartos de final da DFB-Pokal.[1] O 13 de abril de 2012, Gyau asinou un contrato por tres anos co Hoffenheim.[2]

FC St. Pauli editar

O 30 de agosto de 2012 o FC St. Pauli da segunda división de Alemaña fichou a Gyau a préstamo polo resto da tempada.[3] Realizou o seu debut co club o 25 de setembro de 2012, entrando o segundo tempo na derrota 0-1 ante o VfR Aalen pola 2. Bundesliga.[4] Foi titular por primeira vez o 31 de outubro de 2012, xogando os 90 minutos do partido pola DFB-Pokal ante o VfB Stuttgart.[5]

Regreso ao Hoffenheim editar

Gyau regresou ao Hoffenheim en 2013, pero non volveu xogar para o primeiro equipo até abril de 2014, cando fixo o seu debut na 1. Bundesliga o 26 dese mes, ingresando no segundo tempo do partido no que o seu club empatou 0-0 contra o Eintracht Frankfurt.[6]

Borussia Dortmund II editar

O 30 de xuño de 2014 confirmouse o seu traspaso ao Borussia Dortmund da 1. Bundesliga alemá, equipo co que inicialmente traballou co combinado sub-23 que xoga na 3. Bundesliga.[7] Gyau fixo o seu debut con este último o 9 de agosto de 2014 anotando dous goles na vitoria 5-1 sobre o Jahn Regensberg na 3. Bundesliga.[8] Gyau foi incluído no persoal do Borussia Dortmund nun partido pola1. Bundesliga o 13 de setembro de 2014, pero finalmente non chegou a debutar co primeiro equipo. No entanto, debutou co club na Bundesliga o 24 de setembro, ingresando no últimos quince minutos do encontro no que o Dortmund empataría 2-2 fronte ao Stuttgart.[9]

Clubs editar

Club País Ano
Hoffenheim    Alemaña 2009 - 2014
FC St. Pauli (a préstamo)    Alemaña 2012 - 2013
Borussia Dortmund II    Alemaña 2014 - Actualidade

Selección nacional editar

Seleccións inferiores editar

Gyau foi un membro regular dos equipos inferiores dos Estados Unidos. Entre as súas aparicións coa selección estadounidense sub-17 e sub-20 acumula máis de 30 partidos e 6 goles.

Gyau foi chamado para os campamentos de adestramento de finais do ano 2011 da selección sub-23 con miras ao torneo Preolímpico de CONCACAF de 2012, e debutou con esta selección o 29 de febreiro no amigable co seleccionado sub-23 de México. Estados Unidos terminaría gañando o partido 2-0.[10] O 12 de marzo de 2012, Gyau foi chamado novamente á selección sub-23, como parte da lista provisional de 19 xogadores para enfrontar a eliminatoria CONCACAF para as Olimpíadas en Londres.[11] Gyau logo xogou o tres partidos xogados na fase de grupos polos Estados Unidos vindo desde a banca.

Selección maior editar

O 12 de novembro de 2012 anunciouse que Gyau fora convocado por primeira vez á selección maior polo técnico Jürgen Klinsmann, con miras a un partido amigable fronte a Rusia en Krasnodar.[12] No entanto, Gyau non formou parte do persoal de 18 xogadores o día do partido.[13] Gyau finalmente debutaría coa selección nacional o 3 de setembro de 2014, xogando os 90 minutos na vitoria 1-0 nun partido amigable fronte á República Checa.[14]

Estatísticas editar

Actualizado o 24 de setembro de 2014. [15]

Club Div Tempada Liga Copas Nacionais(1) Torneos internacionais Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Hoffenheim


  Alemaña 

2011/12 0 0 1 0 - - 1 0
2012/13 0 0 0 0 - - 0 0
2013/14 2 0 0 0 - - 2 0
Total club 2 0 1 0 - - 3 0
FC St. Pauli (a préstamo


  Alemaña

2012/13 15 0 1 0 - - 16 0
Total club 15 0 1 0 - - 16 0
Borussia Dortmund    Alemaña


2014/15 1 0 0 0 0 0 1 0
Total club 1 0 0 0 0 0 1 0
Total carreira 18 0 2 0 - - 20 0
(1)Inclúe datos da DFB Pokal (2011/2012, 2012/13)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar