Josep Anselm Clavé i Camps

Josep Anselm Clavé i Camps, nado en Barcelona o 21 de abril de 1824 e finado o 24 de febreiro de 1874 foi un compositor, escritor e político catalán. Foi unha personalidade destacada na súa época por ser o precursor do movemento coral en Cataluña así como por ter participado activamente no movemento asociativo do seu país impulsándoo fortemente.[1]

Infotaula de personaJosep Anselm Clavé i Camps

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1824 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1874 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPoblenou Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q64876399 Traducir
6 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: Barcelona
Presidente da Deputación de Barcelona
xullo de 1872 – outubro de 1872
← Salvador Maluquer i Aytés (en) TraducirBenet Arabio i Torres (en) Traducir →
Presidente da Deputación de Barcelona
abril de 1871 – xuño de 1871
← Anicet Mirambell i Carbonell (en) TraducirSalvador Maluquer i Aytés (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político , escritor , compositor , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Democrático Federal Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, zarzuela e Sardana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosÀurea Rosa Clavé i Soler Editar o valor em Wikidata

Discogs: 3009522 IMSLP: Category:Clavé,_Josep_Anselm Find a Grave: 10513673 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun comerciante de madeira e de nai coñecedora da lingua francesa e certa cultura musical, perdeu practicamente na súa totalidade a visión ós seis anos debido a unha infección na vista. Xa desde ben cativo comezou a tocar por cafés e tabernas da súa cidade mostrando facilidades co violín, a frauta e a guitarra. Por outra parte sábese que recibiu unha grande influencia do seu pai e dos seus irmáns no ámbito ideolóxico. Gran parte do seu pensamento político, republicano e de esquerdas, formouse durante as conversacións sobre política na súa casa. O feito de estar en contacto continuamente coas clases traballadoras e populares en Barcelona (sobre todo nas tabernas nas que tocaba de noite) influenciouno de maneira decisiva.

Militancia política editar

En 1845 foi ó cárcere por vez primeira na Ciutadella, debido a que era xa un activista republicano autoproclamado e coñecido polas autoridades. Anos atrás mantivo contacto con republicanos como Abdó Terrades e Narcís Monturiol e participou en accións revolucionarias como o intento de asalto á Ciutadella. Esta última custoulle a inmobilidade dun dos brazos. Durante toda a súa vida, Clavé foi detido e encarcerado outras dúas voltas: en 1856 xunto co seu irmán Antoni, e en 1867. En 1871 foi detido e levado a declarar por ter relación co atentado que provocou a morte do xeneral Prim. Xusto a continuación, exerceu o cargo de presidente da Deputación de Barcelona. Dous anos despois, durante a primeira república, ocupou diferentes cargos institucionais.

Amais da forte relación e sentimento identitario republicano e federalista, tivo vínculos co socialismo utópico e as influencias que recibiu deste. Clavé, canda a outras persoas como o mesmo Narcís Monturiol, Pau Alsina ou Pere Montaldo, formou parte do colectivo Icarià, que tiña como medio expresión das súas ideas o periódico La Fraternidad, o mesmo nome que Clavé utilizou máis tarde para presentar a súa sociedade coral.

Xornalista editar

Foi un dos impulsores en Cataluña do primeiro diario comunista. Colaborou de forma activa con El Cohete. Foi o fundador e único redactor durante os primeiros anos de La Vanguardia e tamén participou como colaborador de El Estado Catalán, entre outros.

Músico editar

Acadou sona como músico de bares. Formou un trío con Oleguer Burés e Jacint Carbonell. No ano 1845, contactou con el un grupo de xente nova co obxectivo de que lles proporcionase repertorio e un nome. Acabaron por crear a sociedade musical La Aurora, dedicada a cantar sobre todo nos ambientes nocturnos serenatas ás mozas, tocar en Nadal ou Pascuas.

Pero sobre todo, foi impulsor do movemento coral en Cataluña, sempre desde unha determinada perspectiva ideolóxica e en favor das clases populares. En 1850 creou a primeira sociedade coral de España, La Fraternidad. Con ela Clavé quería chegar a un maior número de persoas así como de seguir a liña que xa se comezaba a trazar noutros puntos de Europa. Tamén era importante para el o feito de dotar ás clases populares de ferramentas de lecer mais sempre desde unha visión de achegar a cultura ás clases máis baixas. As primeiras actuacións de La Fraternidad tiveron unha boa acollida entre o público e gozaron de grande éxito. Consecuencia disto foi en 1853 a persecución por parte das autoridades ('ese rapaz republicano que dirixe coros de obreiros cuxo éxito vai en aumento...!'). De feito ese mesmo ano viuse obrigado a trasladar os espectáculos que ofrecía xa de forma regular nos Xardíns da Nimfa do Paseo de Gracia, aos Campos Eliseos da mesma rúa.

 
Teatre Nacional de Catalunya.

No ano 1857, tras volver do cárcere, fíxose xestor dos xardíns onde actuaba o seu coro, agora baixo o nome de Sociedade Coral Euterpe. Esta época é considerada como a consolidación de Clavé como músico. Estreou fragmentos da ópera de Wagner Tannhäuser (primeira vez que soa o compositor alemán no estado español); a Sociedade Coral Euterpre viaxou por primeira vez a Madrid; en 1858 estreou no Liceu a súa única zarzuela, L'aplec del Remei; e en 1860 publicou canda a Josep Maria Torres un libro de temática satírica El Carnaval de Barcelona.

A zarzuela L'aplec del remei foi unha das obras con máis éxito do compositor catalán, se ben desde a súa estrea en 1858 caeu no esquecemento. En 2016 o Teatre Nacional de Catalunya abriu con ela a súa tempada de funcións. Na curiosa e divertida interpretación da obra participaron como directora Wanda Pitrowska, Maria Hinojosa (soprano), Marta Fiol (mezzosoprano), Antoni Comas (tenor), Josep-Ramon Oliver (barítono), Miquel Cobos (barítono), Oriol Genís (actor), Roberto G. Alonso (actor), xunto coa Orquestra Sinfónica da Escola Superior de Música de Catalunya.

Casou con Isabel Soler i Bosch, con quen tivo catro fillos.

Obras editar

  • La estrella matutina (1847)
  • Las rosas de abril (1848)
  • Fraternidad (1849)
  • La flor de las tunas (1851)
  • La ilusión (1852)
  • Ester (1853)
  • A la luz de la Luna (1854)
  • ¡Un beso! (1855)
  • El primer amor (1856)
  • La Tuna (1857)
  • Les Flors de maig (1858)
  • L'Aplec del remei (1858)
  • Per als pobres (1858)
  • Cap el tard (1859)
  • La toia de la núvia (1860)
  • La Verema (1862)
  • El chinito (1863)
  • ¡Gloria a España! (1864)
  • La Maquinista (1867) Importante influencia de Verdi. É unha especie de himno dedicado á clase traballadora.
  • Pasqua Florida (1868)
  • Pel juny la falç al puny (1869)
  • Horas felices (1865)
  • L'edat ditxosa (1866)
  • Els Xiquets de Valls (1867) Durante a segunda república, unha parte desta obra foi utilizada como parte do himno de Els Segadors. Na versión final do himno decidiuse eliminar esta parte.
  • La revolución (1868). Dedicada ao seu compañeiro Abdo Terrades.
  • Pel juny la falç al puny (1869)
  • La Marsellesa (1871)
  • Goig i planys (1873)

Notas editar

  1. "Josep Anselm Clavé i Camps". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diputació de Barcelona (Área de cultura) (1999): Clavé al cor (1824-1874).
  • Canedell Rusiñol, R. (2016): Josep Anselm Clavé: una vida al servei de la cultura i la llibertat. Coedició amb la Diputació de Barcelona. ISBN 978-84-16605-44-6.
  • Rodoreda, J. (1897): Clavé y su obra. Barcelona: Imp. Cunill.
  • Carbonell i Guberna, J. (2008): La societat coral Euterpe. Barcelona. Rúbrica editorial. ISBN 978-8496986-00-8
  • CARBONELL i GUBERNA, Jaume. Josep Anselm Clavé i el naixement del cant Coral a Catalunya (1850-1874). Cabrera de Mar: Galerada, 2000

Ligazóns externas editar