Josefov (tamén barrio xudeu) é un barrio e a área cadastral máis pequena de Praga, capital da República Checa. Antigamente gueto xudeu da cidade, está situado completamente dentro da Cidade Vella (Staré Město). O barrio é miúdo representado pola bandeira da comunidade xudía de Praga, que consiste nunha Estrela de David amarela sobre un campo vermello.

Modelo:Xeografía políticaJosefov
Imaxe

Nomeado en referencia aXosé II de Habsburgo Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 50°05′25″N 14°25′10″L / 50.09028, 14.41944Coordenadas: 50°05′25″N 14°25′10″L / 50.09028, 14.41944
PaísRepública Checa
CidadePraga
Administrative district of Prague (en) TraducirPrague 1 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación977 (2021) Editar o valor em Wikidata (11.102,27 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,088 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Sinagoga Vella-Nova.
O barrio antes de reforma de 1893.

Historia editar

En xeral acéptase que os xudeus comezaron a estabelecerse en Praga durante o século X. O primeiro rexistro escrito da súa existencia na cidade é unha historia dun comerciante xudeu de Toledo. O primeiro pogrom (acto de violencia contra unha comunidade, neste caso a xudía) do que se ten noticia en Praga foi en 1096, durante a Primeira Cruzada, obrigando aos xudeus a concentrárense nun barrio amurallado.

En 1292 o rei Otakar II publica o Statuta Judaeorum, outorgando un status de autonomía administrativa á comunidade xudía. Durante a Semana Santa de 1389 máis de 3.000 xudeus foron masacrados durante o Domingo de Pascua, sendo un dos máis sanguentos pogromos contra esta comunidade. No século século XVI o gueto comezaría a prosperar, sobre todo grazas a Mordecai Maisel, alcalde do barrio xudeu convertido en Ministro de Facenda, quen fixo unha gran fortuna. Coa súa axuda ao desenvolvemento da xudaría foi responsable, entre outras cousas, da construción da sinagoga Maisel. Foi nesa época cando o rabino Judah Loew ben Bezalel creou o mito do Golem de Praga.

En 1850, o distrito pasou a chamarse Josefstadt (do alemán: cidade de Xosé), na honra do emperador Xosé II, quen emancipou aos xudeus por medio da publicación dun edicto de tolerancia en 1781. Dous anos antes, os xudeus recibiran a autorización para poder instalarse fóra do gueto, polo que a proporción da poboación xudía en Josefov diminuíu. No barrio so quedaron os xudeus ortodoxos e os máis pobres. Gran parte do barrio foi demolido entre 1893 e 1913 por mor dunha iniciativa inspirada no Plan Haussmann de París para redeseñar e limpar a cidade. Ao final das obras tan só quedaron en pé seis sinagogas, o antigo cemiterio e a casa do concello (agora parte do Museo Xudeu de Praga).

No marco do Terceiro Reich, os nazis quixeron facer de Josefov un museo de exótico dunha raza extinta, mesmo levaron alí obxectos saqueados de sinagogas de toda Europa central para ser expostos. Algúns destes obxectos forman parte das coleccións do nomeado Museo Xudeu. Josefov agora conta con edificios modernos, principalmente de comezos do século XX, polo que é difícil ter unha idea exacta de como era o distrito na época cando chegaron a vivir máis de 180.000 habitantes.

Puntos de interese editar

 
O cemiterio xudeu.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar