Josefina Valencia de Hubach

Politica e feminista colombiana

Josefina Valencia de Hubach, nada en Popayán, Cauca o 22 de setembro de 1913 e finada en Madrid, España o 4 de outubro de 1991, foi unha política colombiana.

Infotaula de personaJosefina Valencia de Hubach

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Josefina Valencia Muñoz Editar o valor em Wikidata
22 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Popayán, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1991 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de Colombia
Minister of Education of Colombia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , suffragette , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNational Popular Alliance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGuillermo Valencia Castillo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGuillermo León Valencia e Álvaro Pío Valencia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada como Josefina Valencia Muñoz, filla do mestre Guillermo Valencia e irmá do expresidente da República Guillermo León Valencia.[1] Tivo unha infancia e mocidade privilexiada e dende moza aproveitou a súa posición social para liderar unha serie de obras sociais na súa rexión natal e para promover a igualdade de dereitos para as mulleres. Dende 1943, estivo casada co xeólogo chileno de ascendencia alemá Enrique Hubach Eggers, quen durante décadas traballou en Colombia, e con quen tivo dúas fillas.

Traxectoria pública editar

Cando o xeneral Gustavo Rojas Pinilla tomou o poder en 1953, Josefina uniuse ó movemento nacional formado en torno seu, mentres que o seu irmán Guillermo León, entón distinguido parlamentario do Partido Conservador tomou parte na oposición. Como recompensa polo seu decidido apoio ó goberno nacional, a señora Valencia de Hubach foi nomeada polo xeneral Rojas como membro da Asemblea Nacional Constituínte (ANAC) en 1954 (dos 70 membros da ANAC só dúas eran mulleres, a outra era Esmeralda Arboleda, futura senadora e ministra), Gobernadora do Cauca en setembro de 1955, e un ano despois foi designada Ministra de Educación, cargo que exerceu até a caída de Rojas en maio de 1957; así, converteuse na primeira muller na historia de Colombia en exercer os cargos de gobernadora e mais de ministra.

A Xunta militar que sucedeu a Rojas nomeouna Embaixadora ante a Unesco (1957-1958). Posteriormente foi elixida senadora pola nacente Alianza Nacional Popular durante a década de 1960.

Notas editar