Josef Alois Kessler

Josef Alois Kessler,[1] nado o 12 de agosto de 1862 na gobernación de Samara (Imperio Ruso) e finado o 9 de decembro de 1933 en Zinnowitz (Alemaña), foi un eclesiástico católico latino alemán do Volga, arcebispo e entre 1904 e 1918 bispo de Tiraspol.

Infotaula de personaJosef Alois Kessler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1862 Editar o valor em Wikidata
Oblast de Saratov, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Zinnowitz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOrnbau Editar o valor em Wikidata
Arcebispo titular
23 de xaneiro de 1930 –
Diocese: Bosporus (en) Traducir
Bispo diocesano
20 de abril de 1904 – 23 de xaneiro de 1930
← Eduard von der Ropp
Diocese: Diocese of Tiraspol (en) Traducir
Arcebispo católico
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Teolóxica Imperial de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJerzy Józef Szembek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Kessler-1380

Traxectoria editar

Josef Kessler naceu o 12 de agosto de 1862 na colonia alemá de Louis, no distrito de Novouzensk, na gobernación de Samara.[2][3] Logo de rematar os seus estudos no seminario de Saratov, graduouse en Teoloxía pola Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo en 1889, ano no que foi ordenado sacerdote.[2][3]

En 1889 foi nomeado vigairo parroquial na catedral de Saratov, o que compaxinou co ensino de latín no seminario diocesano.[2][3] Posteriormente, en 1891, foi nomeado vigairo parroquial en Simferopol, párroco de Sulz en 1895, en 1899 párroco en Chişinău, en 1903 inspector do seminario de Saratov, e en 1904 lexislador canónico.[2][3] O 7 de abril de 1904 foi nomeado bispo de Tiraspol,[2][4] recibindo a consagración episcopal o 28 de outubro de 1904 de mans de Jerzy Józef Szembek.[3] Como bispo, Kessler ampliou o seminario, fundou unha imprenta, apoiou os apostolados dos relixiosos, visitou todas as parroquias da súa diocese, levou a cabo arredor de 75.000 confirmacións, e consagrou 31 igrexas, entre as que destaca a igrexa de San Clemente de Odesa.[3]

O 14 de agosto de 1918, antes da entrada dos bolxeviques en Saratov, Kessler fuxiu a pé da cidade, e trasladouse a Odesa.[2] Cando os bolxeviques entraron no seminario, encontraron unha mensaxe do bispo na que dicía que o poder deles era o do Anticristo, e advertía aos fieis que a cooperación con eles levaba á excomuñón. Os bolxeviques buscárono por toda Rusia, e Kessler fuxiu a Besarabia.[2] En febreiro de 1922 visitou Kansas, nunha viaxe para recoller fondos para as vítimas da fame nas colonias de alemáns do Volga e do mar Negro.[2][5] Pasou o resto da súa vida en Zinnowitz, en Alemaña, onde escribiu unha historia da diocese de Tiraspol.[2] Por mor da imposibilidade de volver á súa diocese, a Santa Sé nomeou varios administradores apostólicos para atender aos seus fieis: Alexander Frison na Rusia meridional, Johannes Roth no Cáucaso norte, Augustin Baumtrog na Rusia central e Stepan Demurov en Xeorxia; todos eles foron arrestados e executados polas autoridades soviéticas.[6][7]

Josef Kessler finou o 10 de decembro de 1933[2] e foi enterrado en Ornbau (Baviera) canda o tamén bispo de Tiraspol Franz Zottmann.

Obra editar

  • Geschichte der Diözese Tyraspol. 1930. 

Notas editar

  1. Tamén Joseph [Alois/Aloysius] Kessler, Giuseppe Kessler, Иосиф [Алоизий] Кесслер.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Bourret, Jean-François (1986). Les Allemands de la Volga: histoire culturelle d'une minorité, 1763-1941. Presses universitaires de Lyon. ISBN 9782729702823. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. pp. 287–288. ISBN 9788386668670. 
  4. A diocese de Tiraspol abranguía as gobernacións de Saratov, Samara, Khersón, Ekaterinoslav, Táurida e Besarabia, e o vicerreinado do Cáucaso. Coa chegada da URSS, abranguía a totalidade da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e partes da RSS de Ucraína e da RSSF de Rusia.
  5. Kaiser, Darrel Philip (2006). Origin & Ancestors Families Karle & Kaiser of the German-Russian Volga Colonies. Lulu.com. p. 527. ISBN 9781411698949. 
  6. Stehle, Hansjakob (1975). Die Ostpolitik des Vatikans. Piper. p. 124. 
  7. Osipova, Irina (1998). Si el mundo os odia...: Mártires por la fe en el régimen soviético. Encuentro. pp. 134, 225, 237. ISBN 9788474905007. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Keller, Conrad (1980). The German Colonies in South Russia, 1804-1904 (en inglés) II. American Historical Society of Germans from Russia. pp. 146–151. ISBN 9780914222095. 
  • Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. pp. 287–288. ISBN 9788386668670. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Eduard von der Ropp
 Bispo de Tiraspol 
1904 - 1930
Sucesor:
Alexander Frison (Rusia meridional)
Johannes Roth (Cáucaso norte)
Augustin Baumtrog (Rusia central)
Stepan Demurov (Xeorxia)
(administradores apostólicos)