Joseba Sarrionandia

escritor basco


Joseba Sarrionandia Uribelarrea, Sarri, nado en Iurreta (Biscaia) o 13 de abril de 1958, é un poeta e filólogo vasco.[1]

Infotaula de personaJoseba Sarrionandia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(eu) Joseba Sarrionandia Uribelarrea Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Iurreta, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDurango Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , profesor de educación superior , filólogo , escritor de literatura infantil , tradutor , poeta , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, Ensaio
Pseudónimo literarioSarri Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesTelmo Zarra (dous) Editar o valor em Wikidata
Premios

Inguma: joseba-sarrionandia-uribelarrea Literaturaren Zubitegia: 124 Bitraga: 1980 Musicbrainz: edf8b3fa-7049-4f84-9009-00999a72e0e1 Editar o valor em Wikidata

Escribiu varios libros de poemas e contos, así como algunhas novelas. Fuxiu do cárcere en 1985 e viviu na clandestinidade durante 31 anos. Escribiu e difundiu as súas obras desde o exilio, desde lugares sen nome, e unha fotografía en branco e negro dun mes antes de saír do cárcere foi unha das poucas imaxes identificables del.[2]

Joseba Sarrionandia e Galicia editar

No ano 2014 foi publicado en galego o volume Tempo de exilio, unha escolma da súa obra poética escollida por el mesmo e traducida ao galego por Isaac Xubín. Tempo de exilio foi merecente do I Premio Etxepare de tradución outorgado polo Instituto Etxepare.

En 2024[3] a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega declarouno Escritor Galego Universal, escritor con obra traducida ao galego e que tamén traduce obras do galego ao vasco.

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía Vasca na Universidade de Deusto en Bilbao e exerceu como profesor de vasco. Foi profesor de fonética na UNED de Bergara e tamén participou na Universidade Vasca de Verán. Publicou os seus primeiros traballos en revistas de Euskadi, e foi un dos membros da Pott Banda, xunto a Bernardo Atxaga, Manu Ertzilla, Ruper Ordorika, Jon Juaristi, Joxe Mari Iturralde e moitos outros escritores. Tamén foi un dos fundadores da revista Ibaizabal. Ademais de obras orixinais, traduciu ao éuscaro aos autores da literatura universal, especialmente da literatura inglesa, entre os que destaca o longo poema narrativo de Samuel Taylor Coleridge The Rime of the Ancient Mariner, un dos pináculos da poesía romántica. Tamén traduciu obras de varios escritores, entre eles T. S. Eliot, Manuel Bandeira ou Fernando Pessoa.[4]

En 1980, por ser membro de ETA, foi detido pola policía española e condenado a 27 anos de prisión. Segundo indica o seu traballo, foi torturado durante oito días durante esa longa detención. Desde entón, describiu varias veces no seu traballo a realidade de ser preso. Ese ano gañou varios premios literarios. En 1981, publicou o seu primeiro poemario Izuen gordelekuetan barrena. O libro tivo unha gran resonancia, e influíu fortemente nos novos escritores vascos; de feito, Bitakora kaiera tamén foi considerado o primeiro poema manifesto.

Conseguiu fuxir o día de San Fermín de 1985, aproveitando un concerto dado polo cantante Imanol no interior do cárcere de Martuten, co preso Iñaki Pikabea tocando nun altofalante. En homenaxe a ese evento, a banda Kortatu interpretou a famosa canción Sarri, Sarri. Viviu como prófugo (segundo as leis de España, aínda que os seus delitos fosen prescritos) e, de feito, o prófugo exiliado foi o outro tema principal da súa obra, como se pode ver, por exemplo, na novela Lagun Izoztua. Malia vivir na clandestinidade, seguiu publicando libros e colaborou con varios músicos: Mikel Laboa, Ruper Ordorika, Fermin Muguruza e enviou por cartas os seus poemas a outros moitos músicos. As discográficas Esan Ozenki e Txalaparta editaron en colaboración o disco Hau da ene ondasun guzia, cos poemas do escritor musicados.

En outubro de 2011, o Goberno Vasco concedeulle o Premio Euskadi Literatura polo ensaio Moroak gara behelaino artean?, pero anunciou que retería os cartos correspondentes ao premio durante a súa situación regularizada ante a xustiza. Cando a Fiscalía da Audiencia Nacional española dixo que non había caso déronlle unha recompensa monetaria.

A principios de novembro de 2016, o Instituto Vasco Etxepare nomeou a Sarrionandia como lector vasco na Universidade da Habana (Cuba), tras un rigoroso proceso de selección, e foi entón cando se soubo que levaba varios anos na Habana. E uns días despois, o 20 de novembro, por primeira vez en 31 anos, saíu unha imaxe del actualizada, nunha entrevista publicada conxuntamente en catro publicacións de Euskadi (Grupo ZuZeu, Berria, Gara e Noticias); O xornalista Jose Goitia fixo tanto as fotos como a entrevista dous días antes.

Desde o 19 de abril de 2021, Joseba Sarrionaindia está no País Vasco. Segundo informa o portal durangalde Anboto.org, o escritor Joseba Sarrionandia atópase no País Vasco visitando familiares e amigos. Declarou ao semanario Durangalde que atopou a cidade cambiada e que sente o baleiro do seu pai, doutros familiares e dos seus amigos mortos.

En 2022 publicou o conto ilustrado Munduari bira eman zion ontzia co famoso ilustrador cubano Ares.

Obras editar

Poesía editar

  • Izuen gordelekuetan barrena (Dentro dos agochamentos dos medos) (1981). Bilboko Aurrezki Kutxa, Bilbao.
  • Intxaur azal baten barruan. Eguberri amarauna (Dentro dunha casca de noz. Arañeira navideña) (1983). Amnistiaren Aldeko Batzordeak, Lizarran inprimatua.
  • Alkohola poemak (Poemas do alcohol) (1984). Pamiela, Iruñea. Libro colectivo.
  • Marinel zaharrak (Os vellos mariñeiros) (1987). Elkar, Donostia.
  • Gartzelako poemak (poemas do cárcere) (1992). Susa, Iruñea.
  • Hnuy illa nyha majah yahoo (poemak 1985-1995) (1995). Elkar, Donostia.
  • Hau da ene ondasun guzia (Estes son todos os meus bens) (1999). Txalaparta, Tafalla. Disko-liburua.
  • XX. mendeko poesia kaierak: Joseba Sarrionandia (Cadernos de poesía do século XX) (2002). Susa, Iruñea. Koldo Izagirreren antoloxía.
  • Hilda dago poesia? La poesía está muerta? (2016). Pamiela, Iruñea. Antoloxía bilingüe.
  • Gure oroitzapenak (As nosas lembranzas) (1987, 2018). Elkar, Donostia. Disco-libro.

Narrativa editar

  • Narrazioak (Narracións) (1983). Elkar, Donostia.
  • Atabala eta euria (Choiva e tamboril) (1986). Elkar, Donostia.
  • Ifar aldeko orduak (As horas do norte) (1990). Elkar, Donostia.
  • Han izanik hona naiz (De alí mesmo veño) (1992). Elkar, Donostia.
  • Miopeak, bizikletak eta beste langabetu batzuk (Miopes, bicicletas e outros desempregados) (1995). Erein, Donostia.
  • Lagun izoztua (O amigo conxelado) (2001). Elkar, Donostia.
  • Kolosala izango da (Srá colosal) (2003). Txalaparta, Tafalla.
  • Narrazio guztiak (1979-1990) (2011). Elkar, Donostia. Compilación
  • Herejeen alaba (A filla dos herexes) (2017). Ander Berrojalbiz eta Joseba Sarrionandia. Pamiela.
  • Munduari bira eman zion ontzia (O barco que deu a volta ao mundo) (2022). Ipuin ilustratua, 2022. Ares-en ilustrazioekin.

Ensaio editar

  • Ni ez naiz hemengoa (Eu non son de aquí) (1985). Pamiela, Iruñea.
  • Marginalia (1988). Elkar, Donostia.
  • Ez gara gure baitakoak (Non somos de nós mesmos) (1989). Pamiela, Iruñea.
  • Hitzen ondoeza (O malestar das palabras) (1997). Txalaparta, Tafalla.
  • Akordatzen (Lembrando) (2004). Txalaparta, Tafalla.
  • Moroak gara behelaino artean? (Somos mouros entre a néboa?) (2010). Pamiela, Iruñea.
  • Lapur banden etika ala politika (2015). Pamiela, Iruñea.
  • Durangoko Azoka 1965-2015 (Feira de Durango...) (2015). Gerediaga Elkartea, Durango. Jesus Mari Arruabarrena eta Txelu Angoitiarekin lana.
  • Bizitzea ez al da oso arriskutsua? (A vida non é moi perigosa? (2018). Pamiela, Iruñea.
  • Airea ez da debalde: Habanako gaukaria (O aire non é gratis: Diario nocturno da Habana) (2019). Pamiela, Iruñea.

Literatura infantil e xuvenil editar

  • Izeba Mariasun ipuinak (Contos da tía Mariasun) (1989). Elkar, San Sebastián.
  • Ainhoari gutunak (Cartas a Ainhoa) (1990). Elkar, San Sebastián.
  • Harrapatutako txorien hegalak (Alas de paxaros atrapados) (2005). Baigorri, Bilbao. Ilustrado por Jokin Mitxelena. Edición bilingüe, en éuscaro e inglés.
  • Gau ilunekoak (Os da noite escura) (2008). Elkar, San Sebastián. Ilustrado por Maite Gurrutxaga.
  • Munduko zazpi herrialdetako ipuinak (Contos dos sete territorios do mundo) (2008). Pamiela, Pamplona.
  • Idazlea zeu zara, irakurtzen duzulako (O escritor es ti, porque les) (2010). Xangorin, San Sebastián.

Cómic editar

  • Zitroi ur komikiak: Joseba Sarrionandia komikitan (Cómics de auga de limón) (2000). Coeditado por Napartheid e Txalaparta, Tafalla. Con Koldo Almandoz.

Adaptacións escénicas editar

Danza editar

  • Hnuy illa... Kukai Dantza Konpainia y Tanttaka Teatroa, con dirección de Mireia Gabilondo e coreografía de Jon Maya. Estrea en 2008.

Teatro editar

  • Aulki hutsa. Le Petit Théâtre de Pain, con dirección de Ander Lipus. Estrea en 2008.
  • Han izanik, hona naiz. Apurka Antzerki Taldea, con dirección de Borja Ruiz. Estrea en 2009.
  • Decir lluvia y que llueva. Kabia, espacio de investigación de Gaitzerdi Teatro, con dirección de Borja Ruiz. Estrea en 2010.​
  • Koblakariak behar ditugu. Karrika, con Gotzon Barandiaran, Miren Amuriza, Eñaut Elorrieta e Unai Iturriaga. Estrao en 2010.

Cine editar

  • Gure oroitzapenak. Con dirección e guión de Oskar Alegría, Özcan Alper, Asier Altuna Iza, Mireia Gabilondo, Eugène Green, Itziar Leemans, Josu Martinez, Fermin Muguruza, Ane Muñoz Mitxelena, Maider Oleaga, Carlos Machado Quintela e Maialen Sarasua. Estrea no Festival Internacional de Cine de San Sebastián de 2018.

Adaptacións musicais editar

Versións musicadas dos poemas de Sarrionandia
Ano Disco Intérprete Cancións / Poemas
1983 Ni ez naiz Noruegako errege Ruper Ordorika Galtzetan gordetzeko koblak

Alberto Caeiroren bisita

1985 Sei - 6 Mikel Laboa Sorterriko koblak
1986 In fraganti Oskorri Arratseko fadoa

Biolin musikaz

Mea kulparik ez Imanol Oroimeneko portua
1989 Hamabi - 12 Mikel Laboa Lili bat
Datorrena datorrela Oskorri Inork agintzen ez didalako
Euskal kantu txapelketa[5] Kea Hi oroituz
Zatiki Inork agintzen ez didalako
1990 Ez da posible Ruper Ordorika Ene begiek
Zu zeu Gontzal Mendibil Bost minutuko bisita?
1992 Badok hamairu Oskorri Marinel batzu
Ebihotz Eltzegor Hil ez da deus hiltzen
1994 Hamalau - 14 Mikel Laboa Hegazti errariak

Não es tu, faculdade de sentir Oroitzen zaitudanean, ama Gure oroitzapenak

Alivio rápido Nación Reixa Encuentros con Sarri en Nación Reixa
Jexuxmai & Noizbehinka Jexuxmai & Noizbehinka Sustraiak

Amodio poema Azkenengo trena

1995 Apaiz gaztea Mikel Elizaga Amodioa
Bostak arte Mikel Errazkin Ene begiek
Zertarako mugak jarri Mikel Markez Preso egon denaren gogoa
1996 Deabruak guarda! Deabruak Teilatuetan Hau da ene ondasun guzia
Fran Lauen & Eskuadra Zarra Fran Lasuen Irlandar abiadoreak bere heriotza igarri du

Oroimeneko portua Ez dut gure herria saltzeko

Hori bera da denen ixtoria Imanol Aldaketarik aldaketa
1997 Aise Jabier Muguruza Linguae vasconum primitiae
Azkena Bittor Aiape Defenda ezazue zuen bake beltza

Lagun presoak

Denboratik at Jexuxmai & Noizbehinka Esku ahurreko marrak

Bunba, blaf Thames gozoa Besterriko koblak

1998 Dabilen harria Ruper Ordorika Martin Larralde

Gutunei koblak

Nahiezkero Dantzut Territorio librea
...eta legeaz landako gure mintzairan solastuko Naun Kaleko kronika
1999 Brigadistak Sound System Fermin Muguruza Eguraldi lainotsua hiriburuan
Ikasten Berri Txarrak Aspaldian utzitako zelda
Ez diren gauzak Jexuxmai & Noizbehinka Ez diren gauzak

Albisteak Sorlekuaren kanta Talaieroaren gogoeta 11 aldaketa

Zuzenean II - Gernika Mikel Laboa Kiromantzidxa (Lekeitio 10)
Sorterrira Trepi eta Arawak Herri proiektua

Bake beltza

2000 Ikus Ikus Zertarako?
FM 99.00 Dub Manifest Fermin Muguruza Mendebaldarketa
New land - Lur berria Itxaso & Daniel Pérez Hegazti errariak
2001 Eskuak/Ukabilak Berri Txarrak Mundua begiratzeko leihoak
Meatzaldea Sagarroi Sagarroiak
Hain guapa zaude Jabier Muguruza Itsasoak emandako indarra
2002 Auskalo Alaitz eta Maider Ez dizut esango
2003 Kantuok jartzen ditut Ruper Ordorika Kantuaren gauza galdua
2005 Xoriek - 17 Mikel Laboa Sustraiak han dituenak

Xoriak (Xorien ihesa)

2006 Biluzik Kauta Norbere akaberari buruzko mintzaldia
Pentsamendu hutsak Mikel Aranzabal Gose grebako hogeigarren egunean
Memoriaren mapa Ruper Ordorika Lera zakurren balada

Ibaia Hondartza galduan Hiriak Esku biak Albert Einsteinen mihia Goizalbada Ez da itzuliko Berak entzungo ez duen kantua Enbaxadore hodeiertzean Izen zaharrak

2007 Konplizeak Jabier Muguruza Norbere akaberari buruzko mintzaldia
Argiak Ken Zazpi Gaueko argiak
Elkarrekin Kasu! Geografia
Xopapo Sustraiak han dituenak
2008 Awañak Petti Ene begiek
Kiribil Zura Propostas para a definição do exilio
Erantzi Katamalo Ariane
2010 Ortzemugak begietan Ken Zazpi Hemen gaude

Giltzak

Txinaurriak Hotel & Miren Iza Não es tu, faculdade de sentir
2011 Rock & Ron Ze Esatek! Esperantza
2013 Deserriko kantak Eñaut Elorrieta Geografia

Besamotzaren besoa Propostas para a definição do exilio

Notícies de Gurb Iagoalaiaga i els detectius salvatges Pau negra
2014 Gosariak Gose Errua

Zoroetxeko harresia Anaren hiri arraroa Katuen kantua Txalupa Banku atrakatzaileak Alegrantziaren aldeko konjura Eguna Bederatzi te kikara basamortu ertzean Non dago gure askatasuna? Belengo albistiek

Elkar estudioa sesioak Izaki Gardenak Ene begiek
2016 Guria ostatuan Ruper Ordorika Kontserba fabrikaren aurrean

Premios editar

  • Premio Resurrección María de Azkue de poesía, por Izuen gordelekuetan barrena en 1980.
  • Premio Ignacio Aldekoa, por Maggie, indazu kamamila en 1980.
  • Premio Vila de Bilbao de contos, por Enperadore eroa en 1980.
  • Premio da Crítica de narrativa en éuscaro, por Atabala eta euria en 1986.
  • Premio dla Crítica de narrativa en éuscaro, por Lagun izoztua en 2001.
  • Premio Euskadi de Literatura, de ensayo en éuscaro, por Moroak gara behelaino artean? en 2011.
  • Escritor Galego Universal da AELG en 2024.

Notas editar

  1. www.funtsak.com, Funtsak-Diseño y Programación Web-. "Libros de Joseba Sarrionandia Uribelarrea. Biografía y bibliografía". www.txalaparta.eus (en castelán). Consultado o 2024-03-10. 
  2. SL, TAI GABE DIGITALA (2021-04-20). "Joseba Sarrionandia regresa a Euskal Herria tras casi cuatro décadas de exilio". naiz: (en castelán). Consultado o 2024-03-10. 
  3. "Euloxio Rubial e Joseba Sarrionandia, premiados pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-03-10. 
  4. País, El (2011-11-26). "Una tesis de la UPV analiza por primera vez las traducciones de Sarrionaindia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-03-10. 
  5. «Euskal Kantu Txapelketa 89 Finala». Soinuenea. Consultado el 16 de agosto de 2018.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar