José Protacio Rizal Mercado y Alonso Realonda, popularmente coñecido como José Rizal, naceu en Calambá o 19 de xuño de 1861 e finou en Manila o 30 de decembro de 1896, era un nacionalista filipino e un polímata durante o final da colonización española de Filipinas (1521-1898). Oftalmólogo da profesión, Rizal foi un escritor e un membro clave do movemento "Propaganda" filipino que defendía a reforma política da colonia española.

José Rizal
José Protasio Rizal-Mercado y Alonso-Realonda
Datos persoais
Nacemento19 de xuño de 1861
 Calamba
Falecemento30 de decembro de 1896
 Manila
OrganizaciónMovemento Propaganda
PaiFrancisco Mercado
NaiTeodora Alonzo
CónxuxeJosephine Bracken
Alma máterAteneo de Manila University, University of Santo Tomas, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Heidelberg e University of Santo Tomas Faculty of Medicine and Surgery
ProfesiónPolítico, médico e escritor
RelixiónIgrexa católica latina
Na rede
WikiTree: Rizal-4 Find a Grave: 9635 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Por instigación das ordes relixiosas (é dicir, dominicos e franciscanos), Rizal foi acusado de asociación ilícita con outros revolucionarios. Convicto por sedición, foi condenado a ser fusilado no paraxe de Bagumbayan (agora Parque Rizal), en Manila. Na véspera da súa execución, escribiu un poema titulado "O meu último adeus", así como unha carta ao seu íntimo amigo e colaborador alemán Ferdinand Blumentritt, na que afirmaba: Querido irmán, cando recibas esta carta xa estarei morto; mañá ás 7 serei executado, aínda que non son culpable de rebelión.

A sublevación filipina de 1896 comezou logo de ser executado polas tropas españolas.

Rizal é membro da xeración máis senlleira dos grandes nacionalistas filipinos, xunto cos seus paisanos e compañeiros Andrés Bonifacio e Emilio Aguinaldo.

Fusilamento de José Rizal.

Obras editar

Novelas editar

Teatro editar

  • El consejo de los dioses (1915)

Poemas editar

Diarios editar

  • Dos diarios de juventud (1882-1884) (Madrid, 1960)

Zarzuela editar

  • Junto al Pasig (1880)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.