José Ramos-Horta

José Manuel Ramos-Horta GColIH GCL, nado en Dili o 26 de decembro de 1949, é un político e xurista timorense, presidente do seu país de 2007 a 2012. Inicialmente fora o voceiro da resistencia timorense no exilio durante a ocupación indonesia entre 1975 e 1999. Secuencialmente, foi Ministro de Negocios Estranxeiros de Timor-Leste desde a súa independencia en 2002.

Infotaula de personaJosé Ramos-Horta
Ordem do Infante Dom Henrique (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) José Manuel Ramos-Horta Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Dili (Timor portugués) Editar o valor em Wikidata
Presidente de Timor Leste
20 de maio de 2022 –
← Francisco Guterres
Presidente de Timor Leste
20 de maio de 2007 – 20 de maio de 2012
← Xanana GusmãoTaur Matan Ruak →
Primeiro ministro de Timor Oriental
26 de xuño de 2006 – 19 de maio de 2007
← Marí bim Amude AlkatiriEstanislau da Silva (pt) Traducir →
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
15 de xullo de 2001 – 10 de xullo de 2006
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
12 de xullo de 2000 – 31 de marzo de 2001
Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
1 de decembro de 1975 – 17 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTimor Leste Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAntioch College (en) Traducir - Estudos para a paz (pt) Traducir, polemologia (pt) Traducir (–1984)
Academia de Direito Internacional de Haia (pt) Traducir - Dereito internacional (–1983)
School of International and Public Affairs, Columbia University (en) Traducir
Fondation René-Cassin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , conselleiro legal Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Partido políticosen valor
Frente Revolucionária de Timor-Leste Independente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, Tetún, lingua inglesa, lingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAna Pessoa Pinto (pt) Traducir (–valor descoñecido), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosLoro Horta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webramoshorta.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0708522 Facebook: officialramoshorta Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido de nai timorense, de nome Natalina Ramos Filipe Horta, e pai portugués (exiliado en Timor), foi educado nunha misión católica en Soibada. Debido á actividade política pro-independencia, estivo exiliado durante un ano (1970-1971) durante a época colonial en Mozambique.

Considerado como moderado, ocupa o cargo de Ministro das Relacións Exteriores no goberno auto-proclamado o 28 de novembro de 1975, con só 25 anos de idade. Deixou Timor-Leste só tres días antes da invasión indonesia, de viaxe a Nova York para presentar ás Nacións Unidas o caso timorense. Alí expón a violencia perpetrada por Indonesia na ocupación do territorio, tornándose o representante permanente da Fretilin na ONU nos anos seguintes.

En decembro de 1996, José Ramos-Horta partilla o Nobel da Paz co compatriota bispo Carlos Filipe Ximenes Belo. O Comité Nobel laureounos polo continuo esforzo para rematar coa opresión vixente en Timor-Leste, esperando que o premio sirva para o encontro dunha solución diplomática para o conflito en Timor-Leste con base no dereito dos pobos á autodeterminación.

José Ramos Horta estudou Dereito Internacional na Academia de Dereito Internacional da Haia, nos Países Baixos (1983) e na Universidade de Antioch (Estados Unidos) onde completou o mestrado en Estudos da Paz (1984), ben como unha serie doutros cursos de post-graduación sobre a temática do Dereito Internacional e da Paz. O 9 de xuño de 1998 foi agraciado coa Gran Cruz da Orde da Liberdade de Portugal.[1] En outubro de 2000 foi investido, xuntamente con D. Ximenes Belo e Xanana Gusmão, como doutor «Honoris causa» pola Universidade do Porto (por proposta da respectiva Facultade de Letras).

En 2003, José Ramos Horta apoiou a invasión do Iraq polas tropas anglo-norteamericanas, criticando o réxime ditatorial de Sadam Hussein e a Al Qaeda, lembrando que Osama bin Laden xustificara o ataque terrorista de Balí entre outros argumentos como o feito de ser Timor-Leste supostamente vítima de ataques contra o islam polos países occidentais (Indonesia ten a maior poboación islámica no mundo).

Carreira gobernamental editar

Foi Ministro dos Negocios Estranxeiros no I Goberno de Transición de Timor-Leste e II Goberno de Transición de Timor-Leste, liderado polas Nacións Unidas, de 2000 a 2002 e no I Goberno Constitucional, de 2002 a 2006.

A finais de xuño de 2006, renunciou ao cargo de Ministro de Negocios Estranxeiros e da Defensa ao saber que o cuestionado primeiro ministro Mari Alkatiri permanecería no cargo.

Tras a crise que culminou na renuncia de Alkatiri, asumiu en 8 de xullo de 2006 o cargo de primeiro ministro, xunto con Estanislau da Silva como viceprimeiro ministro e Rui Araújo como segundo viceprimeiro ministro.

José Ramos-Horta era descrito pola prensa portuguesa como un dos sucesores de Kofi Annan no cargo de secretario-xeral da ONU. Ramos-Horta non confirmou o seu interese no cargo, mais tampouco excluíu a hipótese.

Na segunda volta das eleccións de 9 de maio de 2007, Ramos-Horta foi elixido Presidente da República de Timor-Leste, en disputa con Francisco Guterres Lu Olo, sucedendo a Xanana Gusmão no cargo. Terminou o seu mandado en 2012, sendo seguido por Taur Matan Ruak.

Desde outubro de 2014 é presidente do Panel Independente de Alto Nivel para as Operacións de Paz da ONU e copresidente da Comisión Internacional sobre o Multilateralismo.[2]

Atentado editar

Na mañá de 11 de febreiro de 2008 recibiu un tiro no estómago, durante un ataque armado á súa casa. O ataque foi perpetrado polo grupo disidente das forzas armadas liderado por maior Alfredo Reinado, que morreu no ataque.[3]

Honras editar

  • Doutor Honoris causa pola Universidade do Porto (2000)
  • Doutor Honoris causa pola Victoria University   (2001)  Australia[4]
  • Gran Colar da Orde do Infante D. Henrique de Portugal (13 de novembro de 2007)[1]
  • Doutor Honoris causa pola Gyungwoon University of Busan   (25 de xuño de 2018)  Corea do Sur
  1. 1,0 1,1 "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "José Ramos Horta". Consultado o 2014-05-18. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2020. 
  3. "Presidente de Timor Leste, Nobel da Paz Ramos-Horta é ferido a tiros em ataque". 10 de fevereiro de 2008. Consultado o 26 de dezembro de 2012. 
  4. Victoria University. "The VU Timor-Leste Alliance - People". Consultado o 4 de Maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Xanana Gusmão
 
Presidente da República Democrática de Timor Leste

2007-2012
Sucesor:
Taur Matan Ruak
Predecesor:
Mari Alkatiri
 
Primeiro ministro da República Democrática de Timor Leste

2006-2007
Sucesor:
Estanislau da Silva
Predecesor:
Joseph Rotblat e a Conferencia Pugwash
 
Premio Nobel da Paz

1996
Sucesor:
Jody Williams e a Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersoa