José Ortega Munilla

José Ortega Munilla, nado en Cárdenas (Cuba) o 26 de outubro de 1856 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1922, foi un escritor, xornalista e político español.

Infotaula de personaJosé Ortega Munilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Cárdenas, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1922 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de abril de 1898 – 2 de xaneiro de 1914
← Eduardo Gasset ChinchillaEduardo Gasset Chinchilla → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , crítico literario , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Ortega y Gasset, Rafaela Ortega y Gasset (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 21808
José Ortega Munilla, retrato en Vida Gallega, 1909.

Traxectoria editar

Fillo de José Ortega Zapata, orixinario de Valladolid, e de María del Pilar Munilla Urquiza, de Estremadura. O pai era membro do Partido Moderado e exercía un cargo importante na administración colonial cubana, aínda que a súa principal actividade era o xornalismo. Sendo neno a familia trasladouse a Madrid. Iniciou os seus estudos nos Seminarios de Cuenca e Xirona, que abandonou ao estalar a revolución de 1868 para iniciar os de dereito. Foi redactor de La Iberia, órgano do partido de Práxedes Mateo Sagasta. Co seu amigo Miguel Moya fundou a revista literaria La Linterna e publicou tamén con el un periódico taurino, El Chiclanero. Formou parte da xeración realista do 68 e comungou coa filosofía positivista e as correntes krausistas e converteuse en defensor do naturalismo en literatura. Empezou a redactar unha sección, "Crónica semanal", en Los Lunes de El Imparcial.

O 9 de xuño de 1881 casou cunha filla do fundador de El Imparcial, Dolores Gasset Chinchilla. Deste matrimonio naceron 4 fillos: Eduardo, que morreu exiliado en Caracas en febreiro de 1965; Rafaela, que faleceu en 1940; Manuel, o autor da Biografía de El Imparcial, morto en setembro de 1965; e o máis coñecido, José Ortega y Gasset.

Foi elixido membro de número da Real Academia Española en 1902, e ingresou cun discurso sobre Ramón de Campoamor. Foi colaborador de Los Lunes de El Imparcial, e despois pasou a traballar na sección literaria do xornal fundado polo seu sogro, Eduardo Gasset, monárquico liberal, e máis foi o seu director. Foi un dos xestores do trust, e protector do xornal El Sol, sometido á influencia cultural do seu fillo José Ortega y Gasset. Converteu a súa cadea de prensa no trampolín para os escritores da xeración do 98 que empezaban a abrirse paso: Azorín, Pío Baroja e Valle-Inclán.

Actividade política editar

Foi elixido deputado no Congreso polo distrito de Padrón nas eleccións de 1898. Foi reelixido polo mesmo distrito ata 1910.

Obra editar

Como xornalista destacou por un gran talento para o humor, un estilo solto e colorista e unha axilidade narrativa que conservou ata o fin da súa vida, cando o ABC lle abriu as súas columnas. Comezou a súa carreira de narrador desde a novela sentimental posromántica. Agrupou as súas novelas de 1879 a 1884 co nome de Relaciones contemporáneas. Desde os anos 80 escribiu novela realista. Adheriuse ao naturalismo a partir de El fondo del tonel (1881-84), buscando os temas sociais.

Novelas editar

  • Cleopatra Pérez (1884).
  • La cigarra (1879).
  • Sor Lucila (1880).
  • El fauno y la dríada (1882).
  • Idilio lúgubre (1887).
  • La señorita de Cisniega (1918).
  • Don Juan Solo.
  • Panza al trote.
  • El tren directo.
  • El paño pardo.

Narracións breves editar

  • El yegüerizo, Fifina, Tremielga (1897).
  • El espejuelo de la gloria (1897).

Libros de viaxes editar

  • Viajes de un cronista (1892).
  • Viñetas del Sardinero.
  • Mares y montañas (1887).

Teatro editar

  • Estracilla (1918), adaptación da súa novela homónima publicada o ano anterior.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Germán Bleiberg e Julián Marías, Diccionario de literatura española, Madrid: Revista de Occidente, 1964 (3ª ed.).

Ligazóns externas editar