José Martínez Palomar

futbolista español

José Martínez Palomar, nado en Valencia o 8 de outubro de 1939, é un exfutbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e desenvolveu case toda a súa carreira como futbolista no Sabadell. Como adestrador dirixiu a varios equipos, a maioría deles valencianos, e tamén ao Sabadell e ao Deportivo da Coruña.

Pepe Martínez
Información persoal
Nome José Martínez Palomar
Nacemento 8 de outubro de 1939 (84 anos)
Lugar de nacemento Valencia
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1964 Mestalla 39
1961–1964 Valencia 6 (0)
1964–1975 Sabadell 222 (0)
Adestrador
1975–1976 Alcoyano
1976–1980 Sabadell
1980–1982 Deportivo da Coruña
1982–1984 Levante
1984–1985 Alzira
1985–1986 Alcoyano
1986–1988 Sabadell
1988 Hércules
1990 Levante
1991 Levante
1992–1993 Sabadell
1997–1999 Ontinyent
2000–2001 Alzira
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogou varios anos no filial do Valencia CF, o Mestalla, que compaxinou en ocasións co primeiro equipo, co que debutou na Primeira División o 19 de novembro de 1961, nunha goleada por 6-2 contra o FC Barcelona en Mestalla.

En 1964 fichou polo Sabadell, co que xogou durante as seguintes 11 tempadas, sete delas na Primeira División, despois de lograr o ascenso na súa primeira campaña. Disputou 247 partidos oficiais co club catalán e é o futbolista con máis encontros na Primeira División da historia do club, 151.

Colgou as luvas en 1975 e pouco despois comezou a súa carreira de adestrador, dirixindo primeiramente ao Alcoyano, na Rexional Preferente. A continuación pasou ao Sabadell, onde estivo cinco tempadas e co que ascendeu da Terceira á Segunda División.

Posteriormente adestrou o Alzira, Levante e outra vez o Alcoyano. Na tempada 1980/81 chegou ao Deportivo da Coruña, que caera ata a Segunda División B. Logrou o ascenso na súa primeira campaña, ao obter o segundo posto por detrás do Celta de Vigo, e continuou no posto ao ano seguinte en Segunda, ata que foi destituído e substituído por Luis Rodríguez Vaz.

Tras pasar polo Levante e polo Alcoyano, na tempada 1986/87 regresou ao Sabadell, agora en Primeira División, a metade de tempada, co obxectivo de conseguir a salvación, cousa que logrou, pero foi destituído na seguinte polos malos resultados. En 1988 fichou polo Hércules en Segunda B, sendo destituído o 3 de novembro.[1]

Preto do final da tempada 1989/90 fíxose cargo do Levante en Segunda, logrando a permanencia. Deixou o club ao remate da tempada, pero regresou mediada a seguinte, aínda que desta vez non conseguiu salvar o club do descenso.

O 13 de xaneiro de 1992 o adestrador valenciano iniciou a súa terceira etapa como técnico do Sabadell.[2]​ Aterrou no mercado de invierno substituíndo a Antonio Olmo, e o equipo acabou no 9º posto de Segunda División, o que lle valeu para continuar na 1992/93. Na tempada seguinte foi destituído a comezos de 1993. Posteriormente adestrou o Ontinyent e o Alzira, ambos na Segunda B.[3]

Foi tamén presidente do Comité de Adestradores da Federación de Fútbol da Comunidade Valenciana, dende 2008 ata 2018.[4]

Notas editar

  1. "Pepe Martínez, cesado" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 4 de novembro de 1988. p. 23. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  2. "Es imprescindible el diálogo". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de decembro de 1992. p. 27. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  3. "Pepe Martínez, tentado por un equipo chino" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  4. "Pepe Martínez Palomar recibe la insignia de oro y brillantes de la Federación Española de Fútbol" (en castelán). 4 de maio de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar