José María Silva Fernández

fotógrafo uruguaio

José María Silva Fernández, nado no Montillón de Arriba (A Estrada)[1] o 29 de setembro de 1897 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2000, foi un fotógrafo galego-uruguaio.

Infotaula de personaJosé María Silva Fernández
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (102 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nace na Estrada o mesmo ano que morre o seu pai na Guerra hispano-estadounidense. Seis anos despois, a súa nai decide emigrar ao Río de la Plata e marchan ao Uruguai. Aos 14 anos empregouse na casa de fotografía El Indio e aprendeu o oficio.

Fotografou a varias personalidades, como Juan Domingo Perón, Luis Alberto de Herrera, Mariano Mores, Alberto Candeau, José Belloni, León Felipe etc. En particular Carlos Gardel foi un dos seus máis fieis clientes e amigos, alcumábao "Silvita".[2]

Tamén foi reporteiro gráfico durante o partido final do Mundial de Fútbol de 1930.[3]

Presidiu a Asociación de Fotógrafos Profesionales do Uruguai durante 28 anos, retirándose en 1994.

Traballou ata os 96 anos, axudado polo seu fillo Julio César. Cando fixo 100 anos foi homenaxeado e entrevistado por axencias de prensa internacionais como a BBC e a DPA.[4] Tamén recibiu a distinción de "Uruguayo inmigrante del año" en 1998, do Ministro de Educación y Cultura.[1]

Morreu aos 102 anos, vítima dunha pneumonía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "José María Silva, inmigrante del año en Uruguay". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2015. 
  2. "El fotógrafo de Carlos Gardel". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2015. 
  3. "Fallece fotógrafo de Carlos Gardel" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2015. 
  4. "Muere el fotógrafo de Gardel a los 102 años". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar