José Manuel Santos Maneiro

enxeñeiro agrícola e político galego

José Manuel Santos Maneiro, nado en Antes (Mazaricos) o 30 de marzo de 1959[1], é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé Manuel Santos Maneiro
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Antes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mazaricos
1995 – 2015 – Juan José Blanco Riveiro → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Mazaricos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro agrónomo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É enxeñeiro técnico agrícola, era Xefe de explotacións no Servizo de Extensión Agraria de Santa Comba antes de dar o salto á política local. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mazaricos e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. No ano 2000 ocupou a presidencia da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. Foi deputado provincial na Deputación da Coruña de 2007 a 2011. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido por corrupción na Operación Orquesta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015. Na actualidade é xefe territorial da Consellería do Medio Rural.


Predecesor:
Xoán Manuel Ramos Rodríguez
  
Alcalde de Mazaricos
 
1995 - 2015
Sucesor:
Juan José Blanco Riveiro

Notas editar

  1. X. Ramón Alvite (10 de xaneiro de 2015). "José Manuel Santos descarta volver a luchar por la alcaldía de Mazaricos". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar