José Manuel Pinto

futbolista español

José Manuel Pinto Colorado, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 8 de novembro de 1975, é un futbolista español. Xoga de porteiro.

José Manuel Pinto
Pinto xogando co Barcelona en 2012
Información persoal
Nome José Manuel Pinto Colorado
Nacemento 8 de novembro de 1975 (48 anos)
Lugar de nacemento El Puerto de Santa María
Altura 1,85 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1992–1994 Safa San Luís
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1998 Betis B 68 (0)
1998 Betis 1 (0)
1998–2008 Celta de Vigo 181 (0)
2008Barcelona (cedido) 3 (0)
2008–2014 Barcelona 31 (0)
Na rede
Musicbrainz: 8c5cd3e7-9a0c-4325-8a65-981259b18664 UEFA: 43688 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de maio de 2014.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, xogando 3 tempadas en Segunda B entre 1994 e 1997. No ano 1998 pasa a formar parte do primeiro equipo do Real Betis Balompié.

Celta de Vigo editar

Militou no Real Club Celta de Vigo, ó longo de 9 anos (desde a tempada 1998-1999), . Aínda que nas súas primeiras tempadas no conxunto vigués exerceu como segundo porteiro, nos últimos anos converteuse en titular indiscutible, disputando practicamente todos os encontros das tempadas 2005-2006 e 2006-2007. Por outro lado tamén foi un dos capitáns do equipo celeste durante o seu derradeiro ano no club.

Disputou a Copa da UEFA co Celta en catro tempadas consecutivas entre 1999 e 2003 e ó ano seguinte (2003-2004) xogou varios encontros da Champions League na primeira vez na súa historia que o Celta acadaba a clasificación para participar nesta competición.

O descenso a Segunda División do Celta, na tempada 2003–04, supuxo a chegada ao banquiño vigués de Fernando Vázquez, quen confiou a Pinto a titularidade. A seguinte tempada, novamente en Primeira, Pinto continuou como titular indiscutíbel e conquistou o Trofeo Zamora como gardameta menos goleado do campionato. Porén, un ano máis tarde, o seu equipo perdeu novamente a categoría.

FC Barcelona editar

O 18 de xaneiro de 2008 anunciouse oficialmente a súa incorporación, en calidade de cedido, ao FC Barcelona, que buscaba un futbolista para suplir o seu segundo gardameta, Albert Jorquera, lesionado a finais de decembro de 2007 para o resto da tempada. Os blaugranas desembolsaron 500.000 euros pola cesión de seis meses, reservando unha opción de compra sen custo adicional. Na súa primeira tempada en Barcelona xogou tres partidos de Liga, nos que encaixou oito goles. A pesar da súa escasa participación, o Barcelona decidiu exercer a opción de compra sobre o xogador, ofrecéndolle un contrato de dúas tempadas.

Na tempada 2008–09 é suplente habitual de Víctor Valdés en liga e Liga de Campions, aínda que é o gardameta titular na Copa do Rei. Nesta competición tivo un papel especialmente destacado no encontro de volta das semifinais, fronte ao RCD Mallorca, cando detivo un penalti. Tamén xogou un papel importante na súa final, xa que só encaixou un gol do Athletic Club, dándolle ao seu equipo a súa primeira copa do ano 2009.

Na Liga de Campións da UEFA 2010-11 foi sancionado con dous partidos logo de imitar o asubío do árbitro nun enfrontamento contra o F.C. København[1].

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Copa do Rei FC Barcelona   España 2008/09
Liga española FC Barcelona   España 2008/09
Liga española FC Barcelona   España 2009/10
Supercopa de España FC Barcelona   España 2009/10
Liga española FC Barcelona   España 2010/11
Supercopa de España FC Barcelona   España 2010/11
Copa do Rei FC Barcelona   España 2011/12
Supercopa de España FC Barcelona   España 2011/12

Copas internacionais editar

Título Club País Ano
Copa Intertoto Celta de Vigo   España 2000
Copa de Europa FC Barcelona   España 2008/09
Supercopa de Europa FC Barcelona   España 2009/10
Mundial de Clubs FC Barcelona   España 2009/10
Copa de Europa FC Barcelona   España 2010/11
Supercopa de Europa FC Barcelona   España 2011/12
Mundial de Clubs FC Barcelona   España 2009/10

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Trofeo Zamora 2006

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar