José Manuel Oliveira

ciclista español

José Manuel Oliveira Boga, nado o 5 de maio de 1967 en Padrón, é un antigo ciclista profesional galego, activo entre 1988 e 1991. Actualmente desempeña o cargo de seleccionador galego de ciclismo en estrada.

Infotaula de personaJosé Manuel Oliveira
Biografía
Nacemento5 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como ciclista editar

Como afeccionado, comezou a facer ciclismo no club da súa vila natal, o Club Ciclista Padronés e mais no veciño Club Ciclista Rois, de Rois. É nesta época, en 1986, cando obtén a vitoria en seis carreiras dun día, e onde consegue ser líder provisional da Volta a Mallorca, da Vuelta a Castilla-La Mancha, da Vuelta a Segovia, e mais gañar a Semana del pedal, nome co que se coñece a volta ao Principado de Asturias. En 1987 queda de segundo na Volta a Ourense, despois de ser o líder temporal, e nese ano forma parte tamén da selección española de afeccionados que obtén a medalla de bronce na contra o reloxo por equipos nos Xogos do Mediterráneo celebrados en Latakia (Siria).

En 1988 comeza a súa traxectoria como profesional no equipo asturiano do CLAS-Cajastur. En 1989 consegue un segundo posto na sétima tirada da Volta a Cataluña, e en 1991 participa no seu único Tour de Francia, que rematou na posición 148. Tamén participou na Vuelta Ciclista a España, no Giro de Italia e en clásicas da Copa do Mundo. En 1992 ficha polo CHCS-Ciemar, no que sería o seu último ano como profesional.

Como director deportivo editar

Como director deportivo, Oliveira dirixiu o Aluminios Alca de Padrón (1994), o C.C.Coruñés Leyma (1995, 1996, 1997) e posteriormente o Club Ciclista Estradense, xa no século XXI. En 2005 pasa a ser o seleccionador galego de ciclismo en estrada.

Palmarés editar

Vida persoal editar

Rexenta unha tenda de bicicletas en Santiago de Compostela.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar