José Manuel Díaz Novoa

futbolista e adestrador asturiano

José Manuel Díaz Novoa, nado o 1 de xaneiro de 1944 en Xixón foi un futbolísta e adestrador de fútbol.

José Manuel Díaz Novoa
Información persoal
Nacemento 1 de xaneiro de 1944
Lugar de nacemento Xixón
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Xixón, sendo cedido ao Siero antes de debutar co primeiro equipo en Segunda División, xogaría na disciplina asturiana durante cinco tempadas ata que na 1967-68 pasa ao Celta de Vigo dentro da operación polo traspaso do extremo Lavandera ao Sporting de Xixón.

En Vigo colaboraría na boa campaña do Celta que o devolveu á Primeira División, a primeira tempada do Celta na máxima categoría, a 1969-70, sería a última de Novoa en Vigo.

Novoa retirouse definitivamente do fútbol no Avilés aos 27 anos a causa dunha lesión.

Dous anos despois e co título de adestrador nacional comezou a adestrar nas categorías inferiores do Sporting, pasando ao primeiro equipo primeiro na tempada 1979-80 e despois na 1981-82, entre 1984 e 1988, na 1995-96 e na tempada 1997-98. É o adestrador que máis veces dirixiu ao Sporting, un total de 371 encontros.

No ano 1988 ficha polo Celta de Vigo, co que completou moi boa campaña estando a punto de clasificarse para a Copa da UEFA. Tras a venda de xogadores importantes o ano seguinte non é tan bo para o equipo céltico polo que Novoa foi destituído o 15 de decembro de 1989 pese ao que o Celta descende a Segunda División

Equipos editar

Ano Club
1973-1979 Deportivo Xixón
1979-1980 Sporting de Xixón
1982 Sporting de Xixón
1984-1988 Sporting de Xixón
1988-1990 Celta de Vigo
1990-1992 Real Burgos
1992-1993 RCD Espanyol
1996 Sporting de Xixón
1996-1997 Málaga CF
1997-1999 Sporting de Xixón
2000-2002 Selección asturiana de fútbol