José Manuel Cervino

actor español

José Manuel Cervino, nado en Arona (Santa Cruz de Tenerife) o 29 de outubro de 1940, é un actor canario.

Infotaula de personaJosé Manuel Cervino
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Arona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0148992 Allocine: 8042 Allmovie: p134101 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

José Manuel Cervino Almeida naceu en 1940, en Arona, un municipio canario pertencente á illa de Tenerife.

Coa súa familia trasládase á cidade de San Cristóbal de La Laguna onde cursa o bacharelato no Instituto de Canarias, actualmente IES Cabrera Pinto, onde dá os seus primeiros pasos na interpretación. Xunto a outros compañeiros funda a compañía teatral "El Tinglado" coa cal realiza un extenso percorrido teatral. Comezou a carreira de Dereito na Universidade de La Laguna, estudos que abandonou para dedicarse definitivamente á interpretación, integrando en varias compañías de teatro independente en Tenerife, e onde dirixiu obras de Samuel Beckett (Esperando a Godot) e de John Osborne (Mirando atrás con ira).

Posteriormente trasládase á península, instálase en Madrid e inicia unha intensa actividade teatral, debutando no Teatro Español e no Lope de Vega, e actuando en obras como "Tiempo de espadas", de Jaime Salom, o que lle axudou a debutar no cinema cun pequeno papel na película "Eva 63" (1963), de Pedro Lazaga e "Pierna creciente, falda menguante" (1970), de Javier Aguirre, ambas protagonizadas por Laura Valenzuela. Máis tarde, e sempre en papeis secundarios, formaría parte de varias películas relacionadas co cinema do destape como "Los novios de mi mujer", "Emilia... parada y fonda" e "Operación Ogro", entre outras.

Actor coñecido dentro e fóra da profesión como home de esquerdas e con fama de bondadoso[Cómpre referencia], interpretou varios papeis do tipo malo de dereitas, sempre co director Eloy de la Iglesia, con quen chegou a aparecer en cinco películas, destacando "El sacerdote", "Navajeros", "La mujer del ministro" e "El pico", en xeral, películas que estenden os temas da marxinación, a delincuencia xuvenil, as drogas e que se converteron en auténticos éxitos de portelo.[Cómpre referencia]

Tras varios anos vinculado a De la Iglesia, a súa consagración definitiva chegou nos anos 1980 cando Cervino interveu en varias películas que se converterían en fitos do cinema español como "El crimen de Cuenca" (1980), de Pilar Miró, a película de José Luis Garci, "El crack" (1981), coa que Alfredo Landa despegouse do landismo ou o seu papel protagonista da man de Manolo Matji en "La guerra de los locos" (1987), onde interpretou a pirao que leva a idea da guerra e do exterminio ata as últimas consecuencias. Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema e foi nomeado aos premios Goya na súa II edición por este último papel, perdendo fronte a Landa polo seu papel en "El bosque animado".

En 1988 regresa ás Illas Canarias, para participar na rodaxe de "Guarapo", dirixida polos irmáns Ríos, interpretando o papel de "Don Virgilio".

Notas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.