Joselu Mato

futbolista español
(Redirección desde «José Luis Sanmartín Mato»)

José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato,[1] nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña. Xogou tamén tres anos na Bundesliga alemá (nas filas do Hoffenheim, o Eintracht Frankfurt e o Hannover 96) e outros tres na Premier League inglesa (vestindo as camisetas do Stoke City e o Newcastle). Na tempada 2022/23, militando no Espanyol, gañou o Trofeo Zarra.

Joselu
Joselu co Real Madrid en 2011
Información persoal
Nome José Luís Sanmartín Mato
Nacemento 27 de marzo de 1990 (34 anos)
Lugar de nacemento Stuttgart
Altura 1,91 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Espanyol
Número 9
Carreira xuvenil
1999–2002 Silleda
2002–2008 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Celta B 21 (3)
2009 Celta de Vigo 2 (0)
2009–2012 Real Madrid B 72 (40)
2009–2010 Celta 24 (4)
2011 Real Madrid 1 (1)
2012–2014 Hoffenheim 25 (5)
2013–2014 Eintracht Frankfurt 24 (9)
2014–2015 Hannover 96 30 (8)
2015– Stoke City 22 (4)
2016–2017 Deportivo 20 (5)
2017–2019 Newcastle United 46 (6)
2019–2022 Alavés 110 (36)
2022– Espanyol 34 (16)
2023– Real Madrid 18 (5)
Selección nacional
2008–2009 España sub-19 11 (3)
2009 España sub-20 1 (0)
2009–2010 España sub-21 4 (1)
2016 Galicia 1 (0)
2023– España 9 (5)
Na rede
IMDB: nm7773444 Twitter: joselumato9 UEFA: 250005193 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

É internacional coa selección española dende 2023.

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu na cidade alemá de Stuttgart, sendo fillo de emigrantes galegos, e estivo escolarizado alí ata os catro anos, cando a familia regresou a Silleda, de onde é súa nai, Elvira Mato. Esta casou por segunda vez con Xosé Ramón Vázquez Barcala, un dos principais defensores da cultura e do patrimonio de Silleda e en particular do mosteiro de Carboeiro.[2][3]

Joselu comezou a xogar ao fútbol a curta idade e axiña ingresou na canteira do CF Silleda, no que comezou a xogar con oito anos.[4][5][6] Militou no club dezao ata a idade cadete, aínda que xogaba xa con ficha de infantil de primeiro ano.[7]

Celta de Vigo editar

 
Joselu co Celta de Vigo nos momentos previos á disputa do Trofeo Cidade de Pontevedra de 2009.

Aos 12 anos Javier Maté levouno para o Celta de Vigo, onde foi subindo polas diferentes categorías mentres vivía cunha tía, enfermeira en Vigo.[7]

En setembro de 2007, con 17 anos, debutou co primeiro equipo da man de Hristo Stoichkov, nun partido amigable diante do Porriño.[8] Na tempada 2008/09 comezou a xogar co equipo xuvenil na División de Honra, pero dous meses despois do comezo da tempada foi xa subido ao Celta B, da Segunda División B, co que disputou 21 partidos esa campaña, anotando tres goles.[7]

Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo en partido oficial, fronte ao Las Palmas na xornada 36 da Segunda División en Balaídos, onde o adestrador Eusebio Sacristán lle deu entrada ao campo na segunda metade como substituto de Óscar Díaz.[9] Xogou tamén os minutos finais da penúltima xornada de liga, fronte ao Sevilla Atlético.

Prevendo unha prometedora carreira, o 31 de agosto de 2009 o Real Madrid fíxose coa fichaxe do xogador por 1,5 millóns de euros, deixándoo cedido durante un ano no Celta de Vigo.[10] Durante a tempada 2009/10 disputou un total de 28 partidos co club celeste, xogando habitualmente a carón de Iago Aspas, e anotou catro goles.

Real Madrid editar

A continuación marchou a Madrid para xogar no filial do equipo branco, o Real Madrid Castilla, na Segunda División B. Na súa primeira tempada, a 2010/11, foi o máximo goleador do equipo xunto a Álvaro Morata, con 14 goles cada un. Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo do Real Madrid, que adestraba José Mourinho. Foi o 21 de maio de 2011, na derradeira xornada da Primeira División, ante o Almería no Santiago Bernabéu. Entrou ao campo no minuto 85 polo dianteiro Karim Benzema e marcou o oitavo gol do cadro merengue apenas un par de minutos despois (8-1).[11]

Na tempada 2011/12 proclamouse máximo goleador do Grupo I da Segunda B, empatado a 19 goles co tamén galego Rubén Rivera, dianteiro do Montañeros. Os seus tantos contribuíron de xeito significativo a que o equipo dirixido por Toril rematase como campión de grupo con 14 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Tenerife. Na promoción de ascenso o club madrileño enfrontouse a Cádiz e Mirandés en dúas eliminatorias nas que Joselu marcou un total de sete goles, certificando así o regreso do filial branco á Segunda División.

O 20 de decembro de 2011 disputou o seu segundo partido oficial co Real Madrid, na Copa do Rei contra a Ponferradina. Entrou no campo no minuto 76 de xogo, co dorsal 29, en substitución novamente de Benzema, e marcou o cuarto gol do seu equipo a pase de José Callejón. Finalmente os brancos gañaron o partido (5–1).

Hoffenheim editar

No verán de 2012 regresou á súa Alemaña natal, tras ser traspasado ao Hoffenheim por 6 millóns de euros.[12] O Real Madrid reservou unha opción de recompra válida por dous anos. Debutou na Bundesliga na terceira xornada da tempada, nunha derrota por 5-3 ante o Freiburg no Dreisamstadion de Friburgo, converténdose no segundo futbolista galego en xogar na Bundesliga, só despois de Rubén González. Dez días despois marcou o seu primeiro gol co equipo de Markus Babbel, na vitoria por 0-3 sobre o Stuttgart no Mercedes-Benz Arena.

Na primeira metade da tempada encadeou ata 10 xornadas consecutivas como titular e marcou por primeira vez dous goles nun mesmo partido da Bundesliga, ante o Greuther Fürth. Trala marcha de Babbel e o cambio de adestrador alternou titularidades con suplencias, rematando a tempada con 25 partidos e 5 goles. O equipo conseguiu saír dos postos de descenso directo na derradeira xornada.

Eintracht Frankfurt editar

Para a tempada 2013/14 foi cedido ao Eintracht Frankfurt, equipo que adestraba Armin Veh.[13] O 4 de agosto de 2013 debutou ante o FV Illertissen, na que foi tamén a súa estrea na Copa de Alemaña, e marcou o primeiro dos dous goles do seu equipo (0-2).[14] Esa mesma tempada debutou na Europa League e marcou un gol nos oitavos de final ante o Porto no estadio do Dragão. Pechou o seu paso por Frankfurt con 31 partidos oficiais e un total de 14 goles.

Hannover 96 editar

En xuño de 2014 foi traspasado por uns 6 millóns de euros ao Hannover 96, co que asinou un contrato de catro anos.[15] Na súa única tempada alí disputou 32 partidos, marcando 10 goles e repartindo 4 asistencias.[16] Cumpriu só ese ano de contrato, pois en xuño de 2015 foi traspasado ao Stoke City inglés, que pagou por el preto de 8 millóns de euros.[17]

Stoke City editar

Debutou na Premier League o 15 de agosto de 2015, na segunda xornada, ante o Tottenham Hotspur, entrando ao campo no minuto 59 como substituto de Jonathan Walters e uns minutos despois recibiu un penalti que Marko Arnautović converteu no primeiro gol do Stoke no encontro.[18] O seu primeiro gol na liga inglesa chegou na xornada 19, contra o Everton en Goodison Park, nun partido que o Stoke City gañou por 3-4.[19]

Xogou 27 partidos co Stoke na tempada 2015/16, marcando catro goles. O equipo dixido por Mark Hughes, que contaba con xogadores como Afellay, Xherdan Shaqiri ou Bojan Krkić, rematou o campionato de liga na novena posición.

Deportivo da Coruña editar

No verán de 2016 foi cedido ao Deportivo da Coruña por unha tempada. A súa incorporación realizouse o 31 de agosto, último día do mercado de fichaxes, despois de que o club galego traspasase a Lucas Pérez e non conseguise contratar a Álvaro Vázquez, e completouse só uns minutos antes da medianoite.[20] O día do seu debut como branquiazul sufriu unha escordadura de xeonllo logo dunha dura entrada do xogador do Athletic Club Raúl García, que o mantivo de baixa durante máis de dous meses.[21] Reapareceu nun partido da Copa do Rei ante o Betis e contou con minutos nos seguintes encontros.

 
Joselu en 2022, na súa etapa no Espanyol.

O 10 de decembro disputou contra o Real Madrid o seu cuarto partido co Deportivo, na xornada 15 de liga. Saltou ao céspede do Santiago Bernabéu a falta de media hora para o final, substituíndo ao turco Emre Çolak cando o Deportivo perdía por 1-0, e en só oito minutos conseguiu darlle a volta ao marcador con dous goles a Keylor Navas. Con todo, o Real Madrid acabou por remontar de novo e gañou o encontro por 3-2.[22] Durante o resto da tempada alternou titularidades e suplencias, mostrando un rendemento por debaixo do esperado, e acabou enfrontado aos seareiros do club.[23][24] Participou nun total de 26 partidos, nos que marcou 6 goles, entre eles un ao FC Barcelona e un terceiro ao Real Madrid.

Newcastle editar

O 16 de agosto de 2017 fichou polo Newcastle United, da Premier League. Debutou catro días despois, substituíndo a Dwight Gayle na segunda parte dun partido ante o Huddersfield Town,[25] e marcou o seu primeiro gol o día 26, na vitoria por 3-0 contra o West Ham United en St James' Park.[26] O seu rendemento foi irregular ao longo da tempada, do mesmo xeito que o dos seus compañeiros na dianteira, e acabou a tempada como o terceiro máximo goleador do equipo con catro goles, por detrás de Gayle e Ayoze Pérez.

Comezou a tempada 2018/19 marcando dous goles nos tres primeiros partidos de liga, pero co paso das xornadas acabou sendo o cuarto dianteiro do equipo de Rafa Benítez, por detrás de Ayoze Pérez, Salomón Rondón e Yoshinori Muto. Non disputou ningún minuto a partir de marzo e acabou a campaña con 19 partidos e 3 goles.

Alavés editar

En xullo de 2019 foi traspasado ao Deportivo Alavés, asinando un contrato de tres tempadas.[27] Titular indiscutible, recuperou as cifras anotadoras de anos pasados e foi o máximo goleador do equipo en cada unha das tres campañas. Na última delas (2021/22) foi o sétimo máximo goleador da liga, con 14 dianas, pero o seu equipo acabou descendendo á Segunda División. Rematado o seu contrato deixou Vitoria, sendo, con 36 goles, o máximo goleador da historia do club vasco en Primeira División, superando os 29 goles de Javi Moreno.[28]

Espanyol editar

O 27 de xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Espanyol, co que asinou contrato por tres anos.[29] Ás ordes do tamén galego Diego Martínez, debutou cun gol ante o Celta de Vigo en Balaídos e ao longo da tempada conseguiu as mellores cifras goleadoras da súa carreira nunha primeira división, acabando como o terceiro máximo goleador da liga con 16 goles, só por detrás de Lewandowski (23) e Benzema (19).[30] Os seus rexistros, que lle valeron para gañar o Trofeo Zarra,[30] non foron suficientes, con todo, para acadar a salvación do Espanyol, que acabou descendendo a Segunda xa con Luis García no banco.

Selección nacional editar

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española dende que estaba no Celta de Vigo, marcando tres goles coa sub-19 e un coa sub-21. Posuidor de dobre nacionalidade española e alemá, ao longo da súa carreira amosou preferencia pola selección española, aínda que declarou que tampouco lle importaría xogar coa alemá se non o chamasen da española.[31]

O 17 de marzo de 2023 foi convocado coa selección española absoluta para os partidos de clasificación para a Eurocopa 2024 ante Noruega e Escocia, 13 anos despois do seu último partido coa selección sub-21.[32] O 25 de marzo debutou ante Noruega, entrando como substituto de Morata no minuto 81 e marcando dous goles en tres minutos.[33] Deste xeito converteuse no terceiro futbolista máis veterano na historia da selección española en marcar dous goles nun mesmo partido, superado só en lonxevidade por Sergio Ramos e Di Stéfano.[34]

No seu terceiro partido como internacional marcou contra Italia o gol que meteu á selección española na final da Liga das Nacións da UEFA, despois de ingresar ao campo a falta de seis minutos.[35] No encontro final, disputado contra Croacia no De Kuip de Rotterdam, entrou ao terreo de xogo tamén na segunda parte e anotou o primeiro dos lanzamentos na quenda de penaltis que decantou o título a favor do equipo español.[36]

Selección galega editar

O 20 de maio de 2016 xogou un amigable coa selección galega ante Venezuela ​​no estadio de Riazor. Saltou ao campo na segunda parte substituíndo a Jota Peleteiro, nun encontro que rematou con empate a un.[37]

Recoñecementos editar

En xuño de 2023 foi homenaxeado polo concello de Silleda, nun acto no que ademais se fixo oficial o cambio de nome do campo de fútbol do Outeiriño, que pasou a denominarse Campo de Fútbol Outeiriño-Joselu Mato”.[38][39]

Vida persoal editar

Casou en 2016 coa mallorquina Melanie Cañizares, coa que tivo dous fillos: Leo e Lucas.[40] É concuñado do tamén futbolista Dani Carvajal, pois as súas respectivas esposas son irmás xemelgas.[40]

Estatísticas editar

Clubs editar

Actualizado ao último partido disputado o 28 de maio de 2023 .

Club Tempada Liga Copa[a 1] Internacional Total Media
goleadora
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
Celta de Vigo B
  España
2008/09 21 3 21 3 0.14
Celta de Vigo
  España
2008/09 2 2 0 0
2009/10 24 4 4 0 28 4 0.14
Total 26 4 4 0 0 0 30 4 0.13
Real Madrid Castilla
  España
2010/11 34 14 2 0 36 14 0.39
2011/12 33 19 4 7 37 26 0.7
Total 67 33 6 7 0 0 73 40 0.55
Real Madrid
  España
2010/11 1 1 1 1 1
2011/12 1 1 1 1 1
Total 1 1 1 1 0 0 2 2 1
Hoffenheim
  Alemaña
2012/13 25 5 25 5 0.2
Eintracht Frankfurt
  Alemaña
2013/14 24 9 2 4 7 1 33 14 0.42
Hannover 96
  Alemaña
2014/15 30 8 2 2 32 10 0.31
Stoke City
  Inglaterra
2015/16 22 4 5 0 27 4 0.15
Deportivo da Coruña
  España
2016/17 20 5 4 1 24 6 0.25
Newcastle United
  Inglaterra
2017/18 30 4 2 0 32 4 0.13
2018/19 16 2 4 1 20 3 0.15
Total 46 6 6 1 0 0 52 7 0.13
Deportivo Alavés
  España
2019/20 36 11 1 0 37 11 0.3
2020/21 37 11 1 0 38 11 0.29
2021/22 37 14 1 0 38 14 0.37
Total 110 36 3 0 0 0 113 36 0.32
Espanyol
  España
2022/23 34 16 4 1 38 17 0.45
Total carreira 426 130 37 17 7 1 470 148 0.31
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda

Seleccións editar

Selección Tempada Europeo[b 1] Mundial[b 2] Amigables Total Media
goleadora
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
España sub-19
  España
2008/09 7 3 4 11 3 0,27
España sub-20
  España
2009/10 1 0 1 0 0
2010/11 1 0 1 0 0
Total 0 0 0 0 2 0 2 0 0
España sub-21
  España
2011/12 4 1 4 1 0,25
España
  España
2022/23 2 2 2 2 2
Galicia
  Galicia
2016 0 0 1 0 1 0 0
Total carreira 13 6 7 20 6 0,33
  1. Inclúe partidos das fases de clasificación
  2. Inclúe partidos das fases de clasificación
Goles internacionais
# Data Lugar Rival Gol Resultado Competición
1 25 de marzo de 2023 Estadio La Rosaleda, Málaga, España Noruega 2-0 3-0 Clasificación para a Eurocopa de 2024
2 3-0
3 15 de xuño de 2023 De Grolsch Veste, Enschede, Países Baixos Italia 2-1 2-1 Liga das Nacións da UEFA

Palmarés editar

Real Madrid Castilla
Selección española
Individual

Notas editar

  1. "Ficha jugador, Joselu.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  2. "Carboeiro pierde a uno de sus más firmes defensores". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  3. "Fallece Ramón Vázquez Barcala, impulsor y recuperador del patrimonio trasdezano". Faro de Vigo (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  4. "Joselu hace historia: primer dezano en enfundarse la Roja". Faro de Vigo (en castelán). 25 de marzo de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  5. "Real Madrid CF Web Oficial del Real Madrid CF". Real Madrid C.F. - Web Oficial (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  6. "Torneo juvenil y partido entre el Silleda 2006 frente al del 2013, el sábado 28". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-12-26. Consultado o 2023-03-26. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Giovio, Eleonora (27 de maio de 2012). "El niño de pueblo autodidacta". El País (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  8. "O RC Celta venceu cómodamente hoxe ao Porriño Industrial no campo do Lourambal.". 24 de setembro de 2007. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  9. "Debut soñado, pero no el deseado". Faro de Vigo (en castelán). 10 de maio de 2009. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  10. "El Real Madrid ficha y cede a Joselu al Celta de Vigo". El País (en castelán). 31 de agosto de 2009. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  11. "Le Normand, Rodrigo Moreno y Canales, las grandes novedades". As (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  12. "Ficha". as.com. 
  13. "Joselu se va cedido al Eintracht". Marca (en castelán). 2 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  14. "Joselu se estrena con el Eintracht de Frankfurt". Marca (en castelán). 6 de agosto de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  15. Zárate, Óscar (9 de xuño de 2014). "El delantero Joselu ficha por el Hannover 96 alemán". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  16. "Joselu-Transfer - Hannover 96". web.archive.org (en alemán). 2015-06-26. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2014. Consultado o 2023-03-26. 
  17. "Joselu llega al Stoke City procedente del Hannover". As (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  18. Abraham, Timothy (15 de agosto de 2015). "Tottenham 2–2 Stoke". BBC (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  19. Smith, Pete (16 de agosto de 2015). "Tottenham 2, Stoke City 2: Jinking Joselu delighted with good first impression". Stoke Sentinel (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  20. Silveira, Xane (3 de xullo de 2022). "La rocambolesca historia del fichaje de Joselu al Deportivo desde un cíber: "Fue una locura"" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  21. "Joselu sufre un esguince de rodilla: entre seis y ocho semanas de baja". Marca (en castelán). 12 de setembro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  22. Trigo, María (10 de decembro de 2016). "Ramos le estropea la noche a Joselu" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  23. Antelo, Pablo (27 de maio de 2017). "Valoración de los fichajes de esta temporada" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  24. Santamarina, Carlos (29 de maio de 2017). "Uno por uno: Deportivo 2016-2017" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  25. Chowdhury, Saj (20 de agosto de 2017). "Huddersfield Town 1–0 Newcastle United". BBC (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  26. "Newcastle United 3–0 West Ham United". BBC (en inglés). 26 de agosto de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  27. "El Alavés ficha a Joselu hasta junio de 2022" (en castelán). 15 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  28. "Joselu ya es el máximo goleador histórico del Alavés en Primera" (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  29. "Joselu, nuevo fichaje del Espanyol". Sport (en castelán). 27 de xuño de 2022. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  30. 30,0 30,1 "Lewandowski, Pichichi de la Liga con 23 goles" (en castelán). 5 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  31. "Joselu: "Pude seguir en el Madrid pero quiero triunfar" - MARCA.com". www.marca.com. Consultado o 2023-03-26. 
  32. Lara, Miguel Ángel (26 de marzo de 2023). "Joselu entra en la historia de los dobletes de la selección". Marca (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  33. Puertas, Pablo Prados (2023-03-25). "Joselu brilla, golea y sentencia en el debut de Luis de la Fuente como seleccionador nacional". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  34. "Joselu, tercer autor de un doblete más veterano en la historia de la Selección" (en castelán). 26 de marzo de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  35. Martínez, Ferran (16 de xuño de 2023). "Joselu mete a España en la final de la Nations League". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  36. Iglesias, Denís (18 de xuño de 2023). "Así fue la tanda de penaltis de la final de la Nations League entre Croacia y España" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2023. 
  37. Sport (2016-05-21). "Galicia cedió un empate ante Venezuela en el descuento". sport (en castelán). Consultado o 2023-03-26. 
  38. Salgueiro, Xan (28 de xuño de 2023). "Joselu ya es eterno en Silleda". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  39. "Joselu recibirá este martes un homenaje en Silleda". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  40. 40,0 40,1 Castellanos, Sara (22 de xuño de 2023). "¿Quién es quién y cómo han cambiado? Las gemelas Daphne y Melanie Cañizares, mujeres de los futbolistas Joselu y Carvajal" (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar