José Luis Raposo Magdalena

político galego

José Luis Raposo Magdalena, nado en Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro) en 1956, é un político galego do PSdeG-PSOE.

José Luis Raposo Magdalena
José Luis Raposo Magdalena
José Luis Raposo nunha conferencia de prensa no 2013.


Alcalde de Pedrafita do Cebreiro
Actualmente no cargo
Dende o 1986
Precedido por Xesús Luís López González

Datos persoais
Nacemento 1956 Riocereixa, Pedrafita do Cebreiro, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE

Traxectoria editar

Estudou mecánica de maquinaria e exerceu como mecánico de mantemento na mina de Exminesa. Foi elixido alcalde de Pedrafita do Cebreiro polo PSdeG-PSOE en 1986. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta (1987,1991,1995,1999,2003,2007,2011,2015,2019). Actualmente é deputado provincial da Deputación de Lugo e está encargado da área de Medio Ambiente.


Predecesor:
Xesús Luís López González
  
Alcalde de Pedrafita do Cebreiro
 
1986 – actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar