José Luis Panizo

futbolista español

José Luís López Panizo, nado en Sestao o 12 de xaneiro de 1922 e finado en Portugalete o 14 de febreiro de 1990, foi un futbolista vasco que xogou durante 16 tempadas no Athletic Club, disputando 413 partidos oficiais e anotando 178 goles. Foi internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 1950 no Brasil.

Panizo
Información persoal
Nome José Luís López Panizo
Nacemento 6 de febreiro de 1922
Lugar de nacemento Sestao
Falecemento 14 de febreiro de 1990
Lugar de falecemento Bilbao
Altura 1,73 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Sestao
1938–1939 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1939–1955 Athletic Club 326 (136)
1955–1956 Indautxu 11 (1)
Selección nacional
1946–1953 España 14 (2)
Na rede
FIFA: 55875 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no barrio de Simondrogas de Sestao, sendo o quinto fillo do matrimonio formado por Jesús López e Tomasa Panizo.[1] Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio, sen chegar a militar en ningún equipo federado ata que foi fichado polo Athletic Club en 1938. Debutou co primeiro equipo o 14 de maio de 1939, con 17 anos, nun partido do Torneo Nacional contra o Alavés.[2]

O seu debut na Primeira División produciuse na xornada inaugural da tempada 1939/40, primeira tempada oficial despois da guerra civil. Panizo fíxose co oco que deixara José Iraragorri, naquel momento en México.[3] Foi membro do equipo do Athletic que gañou a liga e a Copa na campaña 1942/43, e a Copa tres anos consecutivos entre 1943 e 1945.

A súa mellor campaña como goleador na liga foi a 1947/48, na que anotou 19 goles, quedando só dous por debaixo do máximo goleador do campionato, o galego Pahiño. O 4 de maio de 1947 fixo historia ao marcarlle seis goles ao Levante nos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo (6-2). Con todo, dita marca goleadora foi superada só dúas semanas despois polo seu compañeiro de equipo Gaínza, que anotou oito goles na goleada por 12-1 sobre o Celta de Vigo nos cuartos de final.[4]

Militou 16 tempadas no Athletic, xogando 413 partidos oficiais, 325 deles na Primeira División, e marcando 178 goles, 136 deles na liga. Foi un do cinco integrantes da segunda dianteira histórica do Athletic xunto a Iriondo, Venancio, Zarra e Gaínza.[5] Rematou a súa carreira deportiva nas filas da SD Indautxu na Segunda División, na tempada 1955-56, onde coincidiu co seu irmán Panizo II e con Telmo Zarra.

Faleceu o 14 de febreiro de 1990, con 68 anos.[6]

Selección española editar

Debutou coa selección o 23 de xuño de 1946 ante Irlanda. En total, xogou 14 partidos, nos que marcou 2 goles, contra Portugal e Irlanda. Foi membro da escuadra española no Mundial do Brasil 1950, onde foi titular en catro do seis partidos da competición, nas vitorias contra Chile e Inglaterra e nas derrotas contra o Brasil e Suecia.

Palmarés editar

Athletic Club

Notas editar

  1. Ramos, Jesús (24 de marzo de 2017). "José Luis López Panizo, el científico de los "catedráticos"". Marca (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  2. "Athletic - Alavés 1939". BDFutbol (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  3. "La estrella de Panizo". ABC (en castelán). 16 de febreiro de 1990. p. 78. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  4. "Los seis goles de Panizo frente al Levante" (en castelán). 14 de outubro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  5. "La delantera que se decía de carrerilla". El Mundo (en castelán). 27 de decembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  6. "La estrella de Panizo.". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar