José Fernando Carrillo

José Fernando Carrillo Ugarte, nado en Lima o 8 de marzo de 1949, é un profesor e político galego de orixe peruana.

José Fernando Carrillo
Nacemento8 de marzo de 1949
Lugar de nacementoLima
NacionalidadeEspaña e Perú
Ocupacióneducador e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no distrito de Lince, na cidade de Lima, no Perú. Fillo do avogado Eduardo Carrillo León e de Alicia Vitoria Ugarte del Pino. En 1978 casou en Fisterra con Josefa Lago Lizancos, coa que ten 3 fillos.

Logo de facer os estudos primarios e secundarios no colexio Marista "San Luis" de Barranco,[1] en 1967 ingresou na Casa de Formación da Congregación dos Irmáns Maristas no distrito de Santa Eulalia. Trasladouse a Peñafiel (provincia de Valladolid) para facer o postulantado e noviciado, e regresou a Lima para seguir os estudos na Escola Normal Superior Marcelino Champagnat, obtendo o título de Profesor de Educación Secundaria en Relixión e Filosofía. Deu clase nos Colexios Champagnat de Chosica, San Luis de Barranco e San José do Callao, ademais de realizar estudos en Orientación do Educando e de Historia do Perú na Pontificia Universidade Católica do Perú (Inst. Riva Agüero).

En 1975 deixou a Congregación Marista. Trasladouse a Madrid un ano despois cunha bolsa do Instituto de Cultura Hispánica para facer o Curso de Innovación de Sistemas Educativos, outros cursos de formación do profesorado no ICE da Universidade Complutense de Madrid, obtendo, finalmente, o Título de Licenciado en Filosofía e Letras: Sección de Filosofía.

Xa en Fisterra, deu clase en Primaria e Secundaria no Colexio da Nosa Señora do Carme.[2]

Política editar

En 1988 foi elixido concelleiro en Fisterra polo CDS. En 1991 foi elixido alcalde co apoio do PP, pero 9 meses despois asinou un pacto coas forzas políticas entón na oposición (PSdeG e BNG), que pasaron a formar parte do novo goberno.

En 1995, pasou a ocupar o cargo de 1º tenente de alcalde e responsable da área de Cultura e Deportes. Tralas eleccións de 1999 quedou como portavoz municipal do grupo do CDS, na oposición. En 2003 abandonou a política activa.

Escribiu numerosos artigos da historia de Fisterra e de análise política, que foron publicados nos diarios La Voz de Galicia e O Correo Galego.


Predecesor:
Valentín Castreje
  
Alcalde de Fisterra
 
1991 - 1995
Sucesor:
Ernesto Ínsua Olveira

Notas editar

  1. Redacción (4 de setembro de 2017). "Desde Fisterra hasta Lima, Perú, para un 50.º aniversario". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  2. Redacción (2 de febreiro de 2014). "Una semana feliz para el incansable Fernando Carrillo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar