José Antonio Conde Cid, coñecido artisticamente como José Conde, nado en Ourense en 1955 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 2011[1], foi un modelo e actor galego de series de televisión, cine e teatro.

Infotaula de personaJosé Conde Cid
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Conde Cid Editar o valor em Wikidata
20 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , modelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0162094 Editar o valor em Wikidata

En 2011 atopábase a tratamento psicolóxico, e logo dun mes desaparecido, o seu cadáver apareceu en Madrid.

Traxectoria editar

Debutou como actor na película Tierra de rastrojos (Antonio Gonzalo, 1980). Posteriormente participou en películas como La conjura de El Escorial, Las ratas, La isla del infierno, Malena es un nombre de tango, Corazón de bombón, Capitán Escalaborns e Óscar, el color del dinero.

Iniciouse na televisión en 1989 coa serie Brigada central[2], e desde entón centrou a súa carreira nese medio. En 1996 comezou na serie Médico de Familia, e en 1997 déronlle un dos papeis protagonistas da telenovela Calle nueva. En 1999 participou en 20 capítulos da serie xuvenil Nada es para siempre. Máis tarde fixo aparicións episódicas en series como La verdad de Laura, Paraíso, El Comisario ou Aquí no hay quien viva. Entre 2005 e 2006 regresou ás telenovelas con Amar en tiempos revueltos. Tamén interveu en Herederos (2008), La hora de José Mota (2009) e 23-F: Historia de una traición (2009). Nese mesmo ano comezou o que foi o seu último gran papel, en Sin tetas no hay paraíso.

Interveu en montaxes teatrais como Electra, Don Juan, Políticamente incorrecto ou Que viene mi marido.

Notas editar

  1. "O actor José Conde aparece morto nun edificio abandonado tras estar un mes desaparecido". 03/03/2011. Arquivado dende o orixinal o 08/03/2011. Consultado o 27 de xuño de 2018. "
  2. "José Conde, la sonrisa y la voz del eterno secundario", artigo en El País, 2 de marzo de 2011 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar