José Bullejos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
José Bullejos Sánchez, nado en Romilla (Chauchina, provincia de Granada) o 7 de decembro de 1899 e finado en México en maio de 1975, foi un político español.
Nome orixinal | (es) José Bullejos | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||
Nacemento | 7 de decembro de 1899 Chauchina | ||||||||||
Morte | 25 de marzo de 1974 (74 anos) Cidade de México | ||||||||||
Cargos Secretario Xeral do PCE (1925-1932) | |||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Ocupación | político | ||||||||||
Partido político | Partido Comunista de España, Partido Socialista Obreiro Español | ||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Membro fundador do PCE, o cal dirixiu dende 1925 até a súa expulsión no 1932. Foi fundador do histórico xornal Mundo Obreiro. Nos anos previos á República e trala proclamación da mesma, vivíronse en España momentos de moita tensión revolucionaria. As forzas obreiras atopábanse divididas entre os anarquistas da CNT e os comunistas do PCE. Porén, eran os primeiros quen tiñan a maior influencia entre as clases traballadoras de España. Isto foi visto dende a Internacional Comunista, quen acababa de lanzar as políticas do Frente Popular, tralo auxe dos Fascismos (goberno de Mussolini en Italia) e o apabullante ascenso do nazismo nas eleccións de 1929 en Alemaña). José Bullejos opúxose primeiramente a esta política o que lle valeu a súa expulsión, sendo substituído por José Díaz e afiliándose el ao PSOE
Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde se dedicou a escribir.
Predecesor: Antonio García Quejido |
Secretario Xeral do PCE 1925 - 1932 |
Sucesor: José Díaz Ramos |
Obras editar
- Europa entre dúas guerras (Ed. Castilla, México 1944).
- España na segunda República (Ed. Impresiones Modernas, México 1967).
- A Comintern en España: lembranzas da miña vida (Ed. Impresiones Modernas, México 1972).