José Barreras Massó

empresario galego

José Barreras Massó, nado en Vigo o 28 de febreiro de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de xuño de 1950, foi un enxeñeiro, empresario e político galego.

Infotaula de personaJosé Barreras Massó

José Barreras Massó, retrato en Vida Gallega, 1922.
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1867
Vigo
Morte29 de xuño de 1950
Vigo
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

Traxectoria editar

Fillo de José Barreras Casellas, pertencente a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do século XIX. Fíxose enxeñeiro na Escola Especial de Barcelona, rematando a carreira en 1892. Creou estaleiros (Hijos de J. Barreras), factorías de conservas e frotas pesqueiras. Foi elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1920 fronte a Luis de Zulueta e sufragou o periódico local Ecos del Distrito. Fundou a revista Industrias Pesqueras en 1927. Foi cónsul de Bélxica e vicecónsul de Grecia.

Recoñecementos editar

Gran Cruz do Mérito Naval, 1923.

Vida persoal editar

Casou en 1908 con María Teresa Bolíbar Pintos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carmona Badía, X., Coord. Empresarios de Galicia. CIEF, Centro de Investigación Económica e Financeira. Fundación Caixa Galicia, 2006.
  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 99–100. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas editar