José Aranguren Roldán

militar galego

José Aranguren Roldán, nado na Coruña en 1875 e finado en Barcelona o 22 de abril de 1939, foi un militar galego, xeneral da Garda Civil.

Infotaula de personaJosé Aranguren Roldán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Commander-in-Chief of the IV Organic Division (en) Traducir
19 de xullo de 1936 – 15 de maio de 1937
← Francisco Llano de la EncomiendaSebastián Pozas Perea (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngarda civil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1891 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeFacção republicana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de brigada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na Garda Civil editar

Ingresou con 16 anos na Academia Militar e despois pasou á Garda Civil, na que fixo carreira militar, ascendendo a coronel en 1929. Cando se proclamou a República era director do Colexio de Gardas Mozos "Duque de Ahumada". Uns meses despois foi destinado á Coruña como xefe do Terzo da Garda Civil. Foi ascendido a xeneral de brigada polo Goberno da Frente Popular o 31 de marzo de 1936 e foi nomeado para mandar a 5ª zona da Garda Civil en Cataluña -composta por dous terzos e catro escuadróns de Cabalaría-,[1][2] con cabeceira en Barcelona.

Algún autor ten sinalado a súa posible pertenza á Unión Militar Española (UME).[3]

Na Guerra Civil editar

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 negouse a unirse aos sublevados -a pesar da súa condición de católico e estar conceptuado como persoa de filiación dereitista-, e púxose coas forzas ao seu mando, a disposición do Goberno republicano, o que contribuíu decisivamente a que Barcelona no caese en poder dos rebeldes.[4] O xeneral Manuel Goded chamouno para intentar que se sumase ao golpe, pero Aranguren negouse rotundamente.[5] O seu subordinado, o coronel Antonio Escobar, tamén se mantivo fiel á República e cumprindo as ordes de Aranguren, mandou as tropas da Garda Civil que acabaron coa sublevación. A mediados de agosto de 1936 foi unha das testemuñas de cargo no proceso a que foron sometidos os xenerais sublevados Goded e Fernández Burriel como consecuencia do golpe de Estado, chegando a declarar contra os xenerais rebeldes.[6]

Posteriormente integrouse na Guardia Nacional Republicana.[7] Durante a guerra mandou algún tempo a IV División Orgánica,[8][9] desempeñando o cargo máis nominalmente que de feito, dada a prepotencia do Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña e a amplitude de funcións que asumiu a Consellería de Defensa do Goberno da Generalitat catalá. Despois dos sucesos de maio de 1937 pasou a desempeñar a comandancia militar de Valencia, continuando nese cargo até o final da guerra.[8] Nos últimos días da contenda negouse a abandonar a España republicana,[8] por considerar que se limitara a cumprir co seu deber.

Coa entrada dos franquistas en Valencia a finais de marzo de 1939, foi detido e posteriormente sometido a un consello de guerra, condenado a morte e executado o 22 de abril dese ano.[7][10][11] O seu antigo subordinado, Escobar, tamén foi fusilado en 1940.[12]

Notas editar

  1. Cabanellas 1975, p. 442.
  2. Martínez Bande 2007, p. 305.
  3. Pagès i Blanch 2013, p. 22.
  4. Alpert 2013, p. 21.
  5. Thomas 1976, p. 260.
  6. Thomas 1976, p. 437.
  7. 7,0 7,1 Alpert 2013, p. 323.
  8. 8,0 8,1 8,2 Romero Salvadó 2013, p. 53.
  9. Toryho 1978, p. 20.
  10. Thomas 1976, p. 992.
  11. Cabanellas 1975, p. 874.
  12. Olaizola 1983, p. 183.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar