José Antonio Reyes

futbolista español

José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade.

José Antonio Reyes
José Antonio Reyes
Información persoal
Nome José Antonio Reyes Calderón
Nacemento 1 de setembro de 1983 (40 anos)
Lugar de nacemento Utrera
Falecemento 1 de xuño de 2019
Lugar de falecemento Alcalá de Guadaíra
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1994–1999 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2001 Sevilla B 32 (1)
2000–2004 Sevilla 86 (22)
2004–2007 Arsenal 69 (16)
2006–2007Real Madrid (cedido) 30 (6)
2007–2011 Atlético de Madrid 104 (8)
2008–2009Benfica (cedido) 24 (4)
2012–2016 Sevilla 109 (9)
2016–2017 Espanyol 21 (3)
2018 Córdoba 17 (1)
2018 Xinjiang Tianshan Leopard 14 (4)
2019 Extremadura 9 (0)
Selección nacional
1999–2000 España sub-16 7 (5)
2001–2002 España sub-19 7 (3)
2002–2003 España sub-21 7 (3)
2003–2006 España 21 (4)
2013 Andalucía 1 (0)
Na rede
FIFA: 197690 UEFA: 52988 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos. No mercado de inverno da tempada 2003-04 foi traspasado ao Arsenal FC por aproximadamente trinta millóns. Alí conseguiu unha Premier League (sendo o primeiro español en conseguila), unha Community Shield en 2004 e unha FA Cup en 2005.

A partir de entón, os seus problemas de adaptación fixeron que o seu rendemento futbolístico baixase e estivo cedido unha tempada no Real Madrid, conseguindo a liga en 2007, e ese mesmo ano foi traspasado ao Atlético de Madrid. Alí foi cedido de novo ao Benfica portugués. Despois volveu ao Atlético e xogou tamén no Sevilla (2012-2016), o Espanyol (2016-2017), o Córdoba (2018), o Xinjiang Tianshan Leopard Football Club chinés (2018-2019) e, finalmente, en xaneiro de 2019 incorporouse ao Extremadura UD. Foi o xogador que máis campionatos de UEFA Europa League gañou, un total de cinco, dous co Atlético de Madrid e tres co Sevilla.

Falecemento editar

José Antonio Reyes faleceu o 1 de xuño de 2019 aos 35 anos de idade, nun accidente de tráfico na estrada que une Sevilla con Utrera, á altura do quilómetro 18, no termo municipal de Alcalá de Guadaíra. Preto das 11:30 da mañá na autovía A-376, o seu vehículo, no que viaxaban tres persoas, saíuse da calzada circulando a 237 km/h segundo o atestado da Garda Civil.[1][2][3] Isto provocou a morte no acto do futbolista así como do seu curmán acompañante, e o incendio posterior do vehículo no que viaxaban. Un terceiro ocupante terminou gravemente ferido.[4]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Segunda División Sevilla FC   España 2001
Premier League Arsenal FC   Inglaterra 2004
Community Shield Arsenal FC   Inglaterra 2004
FA Cup Arsenal FC   Inglaterra 2005
Liga de España Real Madrid   España 2007
Copa da Liga Benfica   Portugal 2009

Campionatos internacionais editar

Título Equipo Sede Ano
Europeo Sub-19 Selección de España   Noruega 2002
Copa Intertoto Atlético de Madrid   España 2007
UEFA Europa League Atlético de Madrid   Hamburgo 2010
Supercopa de Europa Atlético de Madrid   Mónaco 2010
UEFA Europa League Atlético de Madrid   Bucarest 2012
UEFA Europa League Sevilla FC   Turín 2014
UEFA Europa League Sevilla FC   Varsovia 2015
UEFA Europa League Sevilla FC   Basilea 2016

Notas editar

  1. "El coche de Reyes iba a 237 kms/hora". Mundo Deportivo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  2. "El coche de Reyes sufrió un reventón cuando circulaba a 237 kms/hora". 20 minutos. 3 de xuño de 2019. 
  3. "Cañizares: “Reyes no merece un homenaje como si fuera un héroe”". La Vanguardia. 2 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  4. "Muere el futbolista José Antonio Reyes a los 35 años en un accidente de tráfico". El Mundo. 2 de xuño de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar