José Antonio Naya

José Antonio Naya Mella, nado na Coruña o 30 de abril de 1934, é un exmilitar e exadestrador de fútbol galego. De estilo férreo e intransixente,[1][2] adestrou unha vintena de equipos, entre eles o Deportivo da Coruña e o desaparecido Ourense. O seu maior éxito deportivo foi o ascenso á Primeira División co Real Burgos na tempada 1989/90.

Naya
Información persoal
Nome José Antonio Naya Mella
Nacemento 30 de abril de 1934 (89 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Centrocampista e dianteiro
Carreira xuvenil
Imperátor OAR
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1954 Xuvenil
Adestrador
Júpiter Leonés
Cultural Leonesa
1965–1966 Hullera
1967–1968 Alcalá
1969–1970 Toledo
1970–1971 Real Madrid Afeccionados
1970–1972 Cádiz
1972–1973 Getafe Deportivo
1973–1974 Ourense
1974–1975 Burgos CF
1975–1976 Deportivo da Coruña
1976–1977 Murcia
1977–1979 Levante
1979–1980 Recreativo
1981–1982 Linares
1982–1983 Castellón
1984 Alavés
1984–1985 Granada
1987 Xerez
1989–1990 Real Burgos
1990–1991 Sabadell
1991–1992 Murcia
1993–1994 Cádiz
1995 Ourense
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Julio Naya García e Mercedes Mella Sabín, naceu na praza Fonte Luisa da Coruña o 30 de abril de 1934.[3] Xogou no Imperátor OAR e no Xuvenil e aos 18 anos marchou a Madrid para ingresar no Exército do Aire. Destinado en León, obtivo o título de preparador físico, e máis tarde os de adestrador rexional e nacional.[3]

Adestrou ao Júpiter Leonés, filial da Cultural Leonesa, e tamén o primeiro equipo, pasando logo polo Hullera, o Alcalá, o Toledo, o Real Madrid Afeccionados e a selección de Castela.[1][2] En febreiro de 1972 debutou na Segunda División, ao coller as rendas do Cádiz, polo que xa pasaran varios adestradores esa tempada. Estivo á fronte do equipo andaluz durante as últimas 15 xornadas, e conseguiu o obxectivo da permanencia.[1] Na seguinte tempada fichou polo Getafe Deportivo, da Terceira División, que no momento da súa chegada levaba só un punto en dez xornadas. Finalmente conseguiu salvar o equipo do descenso.[1][2]

En decembro de 1973 regresou a Galicia para adestrar o Ourense, trala destitución de León Lasa.[4] O equipo ocupaba a penúltima praza (19ª) naquel momento, pero acabou a tempada 12º, fóra dos postos de descenso e de promoción de permanencia.[5] Con todo, non continuou no equipo, fichando na tempada seguinte polo Burgos, que viña de salvarse do descenso na promoción. Liderado no ataque polo galego Machicha, e grazas tamén aos goles de Juanjo e Juanito, o equipo acabou noveno.

Na tempada 1975−76 adestrou o Deportivo da Coruña en Segunda División. O equipo liderou a táboa durante varias xornadas, pero unha serie de malos resultados fixérono caer ata a quinta praza, a un punto dos postos de ascenso, na xornada 32, motivo polo que Naya foi cesado e substituído por Cheché Martín.[6]

Tras un breve paso polo Murcia, foi contratado en decembro de 1977 polo Levante, que militaba na Segunda División B, como substituto de Vicente Dauder. O equipo estaba 12º e acabou 4º con Naya no banco, polo que foi renovado para a tempada 1978/79. Despois dun inicio irregular, a partir da xornada 15 o Levante non baixou da segunda praza, e acabou primeiro e obtendo o ascenso a Segunda. Nos seguintes anos adestrou en Segunda División a Recreativo de Huelva, Linares, Castellón, Granada e Xerez, e en Segunda B ao Alavés.[7][8]

En 1989 regresou a Burgos, para facerse cargo do Real Burgos, sucesor do desaparecido equipo que adestrara nos anos 70. Cun cadro de xogadores no que estaban entre outros Bastón, Portela, Ribera, Tocornal, Manolo Peña, Magdaleno ou Jurić, o Burgos acabou campión de Segunda, e logrou o primeiro ascenso á máxima categoría da súa historia.[9] Naya deixou o club ao remate da tempada, e adestrou a continuación a Sabadell, Murcia e Cádiz.[10][11]

En xaneiro de 1995 volveu ao banco do Ourense, cabeiro da Segunda División, substituíndo a Antoni Teixidó. Tras só seis xornadas, nas que só puido sumar catro puntos, e despois de protagonizar enfrontamentos con algúns xogadores, foi cesado e substituído por José Mario Guede.[12]

Palmarés editar

Levante

Real Burgos

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 José Ignacio Corcuera (1 de outubro de 2019). "Epílogo para una guerra". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (113). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ellacurriaga (5 de xaneiro de 1974). "Naya, un entrenador especialista en milagros" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Naya, entrenador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 1975. p. 52. 
  4. "Naya". El Pueblo Gallego (en castelán) (18293). 23 de decembro de 1973. p. 20. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  5. "Docabo Novoa, el presidente optimista". El Pueblo Gallego (en castelán) (18451). 29 de xuño de 1974. p. 18. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  6. "Naya rescindió su contrato". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1976. p. 39. 
  7. Serra, Josep Maria; González, José (6 de marzo de 1985). "Naya, cesado en el Granada" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  8. Serra, Josep Maria (20 de febreiro de 1987). "...Y Naya volvió a coger su batuta" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 21. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  9. Romero, Román (6 de maio de 2020). "Un ascenso vivido a pie de banquillo" (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  10. "Naya, al Murcia". El País (en castelán). 14 de novembro de 1991. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  11. "Cádiz: Marcelino, entrenador" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 13 de xaneiro de 1994. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  12. "Mario Guede se hace cargo de la primera plantilla del Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 1995. p. 51. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar